sábado, 18 de decembro de 2021

Nas ondas!

Esta semana fixemos o noso último directo do recreo do 2021. Repetimos o programa sobre Mother Mother que elaboran Carla e Alejandro, desta volta con novas locutoras e eles nos mandos. Para o 2022, máis radio e máis directos da nosa autoría! 😍

venres, 17 de decembro de 2021

Exposición oral: Noa

Noa descubriunos o arquipélago das Bahamas, un dos seus destinos favoritos para cando poida viaxar "ao grande". 😎 🌅 🌎

Moi ben, Noa!

Exposición oral: Alexander

Alexander escolleu como tema para a súa exposición os medios de transporte e contounos moitas cousas interesantes que descoñeciamos. 

Moi ben!

Exposición oral: Adriana

Adriana falounos sobre diferentes razas de cans, en concreto sobre as razas que ela considera que son as máis bonitas do mundo. Que vos parecen? Coincidides con ela? 🐕

Bo traballo!

luns, 13 de decembro de 2021

Exposición oral: Icía

Hoxe Icía levounos ata París a coñecer as súas orixes, os seus principais monumentos e ata algúns dos pratos típicos. Que ganas de marchar a facerlle unha visita a París! 

Bo traballo, Icía!

sábado, 11 de decembro de 2021

Onde foi Barriga Verde?

O xoves e o venres estivemos traballando sobre a exposición que a Asociación Cultural Morreu o Demo deixou na nosa escola despois de vir impartir o obradoiro de títeres. Estamos descubrindo moita información interesante sobre Barriga Verde e os títeres en Galicia.

Exposición oral: Héctor

Héctor falounos de tigres e contounos moitas cousas sobre eles que non sabiamos.🐯 🐅 Seguimos aprendendo coas vosas exposicións orais.

Directo da radio BBS: Mother, Mother

O xoves pasado a radio BBS emitiu no recreo o primeiro directo elaborado integramente por alumnado. Carla Rial e Alejandro prepararon a escaleta e escolleron música para dar a coñecer ao grupo canadiense Mother, Mother. Emitírono Carla, Alejandro, Alexander e Almudena. 
Bravo! 👏👏
Ha ser o primeiro de moitos.

Exposición oral: Irene

Irene falounos de mascotas e das vantaxes da adopción. Comezou falándonos das súas gatas,que atopou e adoptou 🐱🐱😍

Bravo, Irene!

Exposición oral: Carla Fungueiriño

Con Carla aprendemos sobre os gatos . 🐈 😃

Moi ben, Carla!

venres, 10 de decembro de 2021

Exposición oral: Carla Rial

Carla falounos sobre Shingeki no kyojin, unha serie de manga. Canto estamos aprendendo! Dá gusto escoitarvos. 😃

Fantástico, Carla!

mércores, 8 de decembro de 2021

Da barraca á nosa aula

Onte tivemos a inmensa sorte de participar nun obradoiro de títeres de luva impartido por Anxo García, un dos grandes titiriteiros galegos, director da compañía Viravolta de Lalín e investigador da tradición dos títeres en Galicia, a quen debemos a recuperación da figura de Barriga Verde
Sobre Barriga Verde falaremos nos vindeiros días no cole, grazas á exposición que onte nos deixaron, como complemento do traballo que iniciamos cos obradoiros de construción de títeres. 
Estes obradoiros forman parte do proxecto "Da Barraca ás aulas" desenvolvido pola Asociación cultural "Morreu o demo".
Agradecemos a Morreu o Demo e ao Concello de Rianxo a experiencia que vivimos onte. 
Grazas, Anxo! Encantounos! 
 

Exposición oral: Alejandro

Comezamos a expoñer oralmente os traballos de Lingua Castelán que estivestes a elaborar nas últimas semanas. Foi a vosa primeira experiencia co programa Libre Office Impress e coas exposicións orais. Iniciou a rolda de exposicións Alejandro, falándonos da mesa. 
Moi ben!

luns, 6 de decembro de 2021

Mapas, planos, atlas...

Nada mellor que tocar, buscar, probar, experimentar, usar... para aprender. Iso é o que estamos a facer na biblio nas últimas semanas con planos, mapas de atlas.

Cores baixo negro

En Plástica estamos cun novo proxecto e xa comezamos a ver resultados: cores que reaparecen baixo unha cobertura negra. Seguiremos informando... 👀
Agora si, volven as cores!
Oooooh!😍