Amosando publicacións coa etiqueta olimpiadas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta olimpiadas. Amosar todas as publicacións

mércores, 24 de novembro de 2021

Encontro con Adrián Mosquera

Este martes Adrián Mosquera, o piragüista rianxeiro que estivo nas paraolimpíadas de Tokio, visitou o noso colexio e puidemos coñecelo mellor, facerlle un montón de preguntas e ata entrevistalo para a Radio BBS. Despois de todo o que traballaramos sobre el en Educación Física, tiñamos moitas ganas de coñecelo e gustounos moito a súa visita.