Amosando publicacións coa etiqueta prehistoria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta prehistoria. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de abril de 2023

Con José Vicente Somoza



Onte veu visitarnos José Vicente Somoza, o bisavó de Carla Rial. El foi quen atopou o Casco de Leiro e levabamos tempo querendo que nos contase de primeira man como foi atopar un dos achados máis importantes da Idade de Bronce. Carla xa nos dixera que daba gusto escoitalo e tiña toda a razón.  Contounos moitas cousas que non sabiamos e outras sobre as que xa leramos, pero que, contadas por el, resultaron aínda máis interesantes e nos quedaron máis claras. Grazas a el o Casco de Leiro forma parte do noso patrimonio e todos/as podemos coñecelo. 

Grazas, José, por vir falar con nós. 
Grazas a Sandra e a Manuel, por acompañalo. 




martes, 27 de decembro de 2022

xoves, 22 de decembro de 2022

Presentando o Casco de Leiro

Ao longo destes últimos días compartimos o que aprendemos sobre o casco de Leiro cos compañeiros e compañeiras de 3º, 4º e 5º. Fixémolo na biblioteca, onde tamén estivo exposto estas ultimas semanas a réplica do casco de Leiro que teñen no Concello e que nos deixaron para que todo o cole puidese vela. Estivo moi ben presentar o noso traballo ao resto dos compañeiros e compañeiras.

domingo, 6 de novembro de 2022

Saída ao Centro Arqueolóxico de Neixón

Este venres 5º e 6º visitamos o Centro Arqueolóxico de Neixón da man de Victor Barbeito. Aprendemos moito sobre como se vivía na Prehistoria na Barbanza e descubrimos que a nosa comarca ten unha enorme riqueza arqueolóxica e que podemos aprender moito do noso pasado con só observar con calma, ler e buscar información. 


RESTOS ARQUEOLÓXICOS NA BARBANZA









MÁMOAS E DOLMENS


PETRÓGLIFOS


CASTROS



CASTRO GRANDE




CASTRO PEQUENO




Grazas, Victor!