Amosando publicacións coa etiqueta árbores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta árbores. Amosar todas as publicacións

mércores, 15 de marzo de 2023

De plantación en Filgueiras

Hoxe estivemos plantando castiñeiros e freixos en Filgueiras. Volvemos a colaborar coa Comunidade de Montes o Fieitoso de Taragoña e con Fousas ao Monte para continuar enchendo o noso monte de árbores autóctonas. Acompañáronnos Emilio, Nati e Miguel e baixaron tamén a Paquita, que levou unha chea de aloumiños 😍.

Grazas, Comunidade de Montes e Fousas, polo voso traballo e por compartilo con nós!








venres, 3 de xuño de 2022

Carballo de Honra

Hoxe tivemos a honra de plantar o carballo que recibiu Fousas ao Monte como premio polas súas iniciativas para a conservación e mellora do patrimonio natural e polas actividades de divulgación e educación ambiental con nenos e nenas. 
O premio chámase Carballo de Honra e concédeo a empresa García Sánchez de Boiro, que destaca pola súa preocupación e implicación no coidado do noso medio natural. 
Fousas ao Monte decidiu que tiñamos que ser os nenos e nenas do Brea Segade os que plantáramos o carballo en fronte da caseta das cabuxas, xunto ás árbores que plantaramos en xaneiro, e alí fomos as aulas de 1º e 5º, en representación de todo o cole. 
Grazas, Fousas ao Monte por compartir con nós o premio e darnos a oportunidade de seguir plantando árbores autóctonas 
na contorna do noso colexio. 
 
Parabéns polo Carballo de Honra! 
 
Grazas, García Sánchez, polo voso compromiso co noso patrimonio natural plasmado no proxecto Sementa vida, sementa futuro, e por recoñecer o traballo do colectivo Fousas ao Monte con este premio.
Parabéns, Fousas!
Aquí seguimos! O monte é noso! Máis ca leña!💚

sábado, 29 de xaneiro de 2022

De plantación

Este xoves participamos na plantación de árbores autóctonas na subida a Ourille e visitamos fixemos con Emilio todo o percorrido do proxecto Máis ca Leña para ir collendo información e practicando para cando nos toque a nós ser os/as guías, que xa falta pouco. 

Entrade no blog da BBS para ver o resumo do que foi a mañá de plantación coa participación das diferentes clases.

Aquí estamos nós en acción! 😉 

Casulo de mantis relixiosa ou barbantesa
Grazas, Emilio!

luns, 27 de setembro de 2021

Máis ca leña

O venres pasado iniciamos as actividades do proxecto Máis ca leña. Estivemos en campo Maneiro con tres comuneiros e comuneiras de Baroña (Porto do Son) que nos ensinaron a extraer resina dos piñeiros con dous metodos diferentes: o tradicional, que é máis artesanal e o que se está a facer ultimamente que require de trade eléctrica e bolsas para recoller a resina. Explicáronnos tamén os usos da resina e a que empresas a vende. Despois fomos á plantación de castiñeiros e Emilio Saborido falounos sobre o papel das árbores autóctonas caducifolias no monte, as enfermidades que poden ter, o seu aproveitamento... Para rematar a mañá, despois de merendar e xogar en campo Maneiro, subimos ver as cabuxas da parcela de arriba. Foi unha mañá ben completa! 

Grazas a Fousas ao Monte e a Comunidade de Baroña! Grazas, Emilio!