luns, 27 de setembro de 2021

Máis ca leña

O venres pasado iniciamos as actividades do proxecto Máis ca leña. Estivemos en campo Maneiro con tres comuneiros e comuneiras de Baroña (Porto do Son) que nos ensinaron a extraer resina dos piñeiros con dous metodos diferentes: o tradicional, que é máis artesanal e o que se está a facer ultimamente que require de trade eléctrica e bolsas para recoller a resina. Explicáronnos tamén os usos da resina e a que empresas a vende. Despois fomos á plantación de castiñeiros e Emilio Saborido falounos sobre o papel das árbores autóctonas caducifolias no monte, as enfermidades que poden ter, o seu aproveitamento... Para rematar a mañá, despois de merendar e xogar en campo Maneiro, subimos ver as cabuxas da parcela de arriba. Foi unha mañá ben completa! 

Grazas a Fousas ao Monte e a Comunidade de Baroña! Grazas, Emilio!

2 comentarios:

  1. Ola, foi moi interesante e ademais pasámolo moi ben. Espero que volvan pronto a ver como está a resina. Icía.

    ResponderEliminar
  2. Ola, foi moi interesante como extraian a resina. Espero repetilo, un aperta Carla.

    ResponderEliminar