Amosando publicacións coa etiqueta Día da Muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Muller. Amosar todas as publicacións

mércores, 8 de marzo de 2023

365 días da muller

 

Nestas últimas semanas fixemos flores moradas, falamos de mulleres importantes nas nosas vidas, lembramos os motivos para conmemorar o Día da Muller e, sobre todo, afirmamos a necesidade de comprometernos coa igualdade, todos os días, en todos os espazos e en todas as situacións. 

Feliz Día da Muller para tod@s!

domingo, 27 de marzo de 2022

Mulleres viaxeiras

Estamos descubrindo a vida e as viaxes das incribles mulleres que forman a exposición que eleaboramos entre todas as aulas para o Día da Muller; todas elas sorprendentes e moi interesantes.

martes, 8 de marzo de 2022

Apicultura

No Día da Muller estivo con nós Esther, unha veterinaria que preside o Consello Regulador do Mel de Galicia. Esther falounos das abellas, dos seus coidados, dos seus inimigos, dos beneficios para os seres humanos e tamén para os ecosistemas. Rematamos a charla probando mel. Mmmmmm!
Foi moi interesante!

8M: Día Internacional da Muller

O noso cole encheuse de mulleres interesantes, das que aprender, coas que medrar.

8M: mulleres viaxeiras, Exeria

Este ano, para conmemorar o 8 de marzo traballamos sobre mulleres viaxeiras, seguindo así co tema do proxecto da BBS deste curso. Na nosa clase investigamos sobre Exeira, a primeira galega cronista de viaxes. Sorprendeunos!