Amosando publicacións coa etiqueta música b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta música b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 21 de maio de 2023
martes, 16 de maio de 2023
sábado, 29 de abril de 2023
Estéticas
Na aula de Valores estamos traballando sobre as diferentes estéticas na vestimenta, nos gustos musicais, na maneira de entender o mundo... Coñecer é o primeiro paso para respectar. E niso estamos, coñecendo. O primeiro resultado é un mural que xa preside as escaleiras ao segundo andar. Han vir máis cousas...
venres, 25 de novembro de 2022
25 N: Día contra a violencia de xénero
Conmemoramos no cole o 25 N, todas xuntas, todos xuntos, na biblioteca. Mostramos o noso rexeitamento ao machismo cantando e con carteis que agora presiden a entrada da nosa escola. Vimos o vídeo no que cantamos e ensinamos os carteis, que aínda haberá que completar coas imaxes de hoxe, pero que xa é impresionante, moi fermoso.
mércores, 18 de maio de 2022
Concerto didáctico de jazz
Hoxe puidemos escoitar jazz na nosa escola da man de Alfredo Susavila, Carlos Bastón e Pachi Cruz. Foi un concerto didáctico, no que tocaron diferentes temas, pero tamén nos explicaron como e onde naceu a música jazz e como foi evolucionando, dando lugar a boa parte dos estilos musicais que hoxe escoitamos.
Faláronnos de grandes nomes do jazz como Duke Ellington ou Louise Armstrong, que teñen unha importancia fundamental na música moderna.
Este concerto didáctico enmárcase nas actividades que se van facer en Rianxo como preparación e ambientación do festival Noites de Jazz, que terá lugar nos primeiros días de agosto.
Imos aproveitar esta "iniciación ao jazz" que tivemos hoxe no cole para escoitar un pouco máis da música dalgúns dos grandes do jazz dos que nos falou Alfredo. Aquí van dous temas que hoxe soaron no noso cole interpretados por Louis Armstrong e Duke Ellington.
Preparados para viaxar a Estados Unidos na primeira metade do século XX? Imos alá!
sábado, 14 de maio de 2022
Letras Galegas no Brea Segade
Este venres celebramos as Letras Galegas no cole cun programa ben completo: merenda especial, elaboración do maio entre todas as clases e festival das Letras con poesía de Florencio Delgado Gurriarán e música. 😃
venres, 6 de maio de 2022
Radio BBS: Heredeiros da Crus
No mes de maio, Mes das Letras, imos investigar sobre grupos e interpretes de música galega e elaborar programas para emitir nos directos do recreo. Comezamos este xoves cos Heredeiros da Crus, que teñen na clase unha seguidora incondicional 😎
Comezamos rockeiras/os 🎸 e, con cada programa, intentaremos descubrir diferentes estilos de música en galego.
venres, 25 de febreiro de 2022
Pesdelán
A media mañá repuxemos forzas cun chocolate e as merendas, había que estar ben preparados para o concerto de Pesdelán. Leváronnos de viaxe polas músicas do mundo e fixéronnos bailar desde o primeiro momento. Foi moi divertido!
Agora tedes uns días para vivir o Entroido nas casas, nas aldeas... polo voso mundo.
Feliz Entroido! 🎉
Pasádeo moi ben e lembrade ir contando que facedes e como o pasades nos vosos Diarios de Entroido. 🎉👹👺
mércores, 22 de decembro de 2021
Prosas do Nadal
Onte tivemos unha mañá especial, non puidemos celebralo todos xuntos como nos gustaría, pero era o último día do trimestre antes das vacacións de Nadal e había que celebralo. Non faltaron as prosas do Nadal, Alma, José Luis, Isabel e Aldara sorprendéronos entrando na clase con música e animándonos a cantalas. Adriana, moi previsora, tiña a pandeireta para unirse a eles.
Bravo músicos! Grazas por manter viva a nosa tradición!
Vai ou non vai? VAI!
martes, 21 de decembro de 2021
Exposición oral: Almudena
sábado, 18 de decembro de 2021
Concerto de jazz
Este venres tivemos un concerto didáctico de jazz no colexio. Silvia Ferre, Miro Lamas e Alfredo Susavila leváronnos nun percorrido pola música jazz desde as súas orixes, pasando por diferentes etapas e estilos, adaptando cancións infantís e demostrándonos que o jazz pode gustarnos moito a grandes e a pequenos/as. Encantounos!
Ao rematar Alex e Icía, xunto con Anxo e Icia de 2º, fixéronlles unha entrevista para a Radio BBS. Estaremos atent@s a cando se publique o podcast, seguro que contaron cousas interesantes.
Grazas á Escola de Música de Rianxo e ao Concello de Rianxo por traer música ao vivo ao noso cole.
Grazas, Silvia, Alfredo e Miro!
Así de ben soou:
| Imos de concerto! E levamos o asento 😀 |
| Xa estamos! |
sábado, 11 de decembro de 2021
Directo da radio BBS: Mother, Mother
O xoves pasado a radio BBS emitiu no recreo o primeiro directo elaborado integramente por alumnado. Carla Rial e Alejandro prepararon a escaleta e escolleron música para dar a coñecer ao grupo canadiense Mother, Mother. Emitírono Carla, Alejandro, Alexander e Almudena.
Bravo! 👏👏
Ha ser o primeiro de moitos.
mércores, 3 de novembro de 2021
venres, 29 de outubro de 2021
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


























