Amosando publicacións coa etiqueta plantas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plantas. Amosar todas as publicacións

sábado, 28 de maio de 2022

Reprodución asexual das plantas

Levounos un tempo, pero por fin puidemos ver como os gallos dunha flor de cera ao estar metidos en auga sacaban raíces. Xa temos unha nova planta na clase. Agora toca coidala.

mércores, 6 de abril de 2022

Banda deseñada natural

Este martes Alba propúxonos crear historias en banda deseñada usando só elementos naturais e tratando sobre a polinización ou a fotosíntese. Os grupos puxéronse a traballar e saíron historias moi creativas e moi visuais, que despois se contaron ao resto dos compañeiros/as. Mirade canta creatividade temos na clase!

mércores, 30 de marzo de 2022

Temos leitugas!

Hoxe botamos a andar un pequeno horto no cole! Xa tiñamos ganas! A aula de 1º preparou a terra e un pequeno tallón para plantar unhas leitugas. 
Xa empezamos a pensar nas ensaladas que imos comer antes de rematar este curso 😜
Que marabilla!

domingo, 27 de marzo de 2022

As nosas gazanias

As nosas gazanias xa están no exterior, a apañar a luz do sol e a aledar o patio. De momento están en maceta, cando medren un pouco transplantarémolas ao chan.

Traballando coas plantas

Continuamos aprendendendo e compartindo o aprendido sobre as plantas: partes, fotosíntese, respiración, reprodución...

Experimentando coas plantas

Esta semana completamos un experimento sobre a fotosíntese. É certo que as plantas liberan auga ao realizar a fotosíntese? Puidemos comprobalo nas árbores da nosa horta.


 

mércores, 16 de marzo de 2022

Tipos de plantas...da horta do Brea Segade

Para distinguir plantas con flor, anxiospermas e ximnospermas e plantas sen flor non temos que ir moi lonxe, a horta do Brea Segade ten de todo. Hoxe estivemos localizando e clasificando plantas e de paso descubrimos a riqueza natural do noso patio.