Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de xaneiro de 2023

Emociónate e Córtex

 Nesta primeira semana do 2023 xa tivemos tempo para probar os nosos agasallos. Estannos gustando 😁





mércores, 11 de xaneiro de 2023

Agasallos de Nadal

O luns atopamos agasallos para todas as clases baixo a árbore da entrada do colexio. Para Sexto deixaron dous xogos de mesa. Xa comezamos a probalos!

venres, 16 de decembro de 2022

Nadal no Brea Segade

 

A árbore do Brea Segade, feita entre todos e todas, xuntando as nosas mans, creando e imaxinando todos/as a unha. 







mércores, 22 de decembro de 2021

Os nosos desexos

 

Ao rematar este primeiro trimestre do curso compartimos os nosos desexos para o 2022. 

Boas festas!

Coroas de Nadal

Rematamos a mañá elaborando coroas de Nadal para pendurar nas portas das nosas casas ou dos nosos cuartos. Mirade que ben quedaron; Haiche moita creatividade en 5º!

Estreliñas 3D para decorar

A Biblioteca Brea Segade agasallounos con estreliñas, feitas na impresora 3D, para pendurar das nosas árbores de Nadal.

 

Bo Nadal!!!

Chocolate para despedir o 1º trimestre

Xa é tradición, xunto con cantar as prosas do Nadal, chocolate e rosca para merendar. Mmmmmmm!

Prosas do Nadal

Onte tivemos unha mañá especial, non puidemos celebralo todos xuntos como nos gustaría, pero era o último día do trimestre antes das vacacións de Nadal e había que celebralo. Non faltaron as prosas do Nadal, Alma, José Luis, Isabel e Aldara sorprendéronos entrando na clase con música e animándonos a cantalas. Adriana, moi previsora, tiña a pandeireta para unirse a eles. 
 
Bravo músicos! Grazas por manter viva a nosa tradición!
 
Vai ou non vai? VAI!