O xoves e o venres estivemos traballando sobre a exposición que a Asociación Cultural Morreu o Demo deixou na nosa escola despois de vir impartir o obradoiro de títeres. Estamos descubrindo moita información interesante sobre Barriga Verde e os títeres en Galicia.
Amosando publicacións coa etiqueta Barriga Verde b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Barriga Verde b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 11 de decembro de 2021
mércores, 8 de decembro de 2021
Da barraca á nosa aula
Onte tivemos a inmensa sorte de participar nun obradoiro de títeres de luva impartido por Anxo García, un dos grandes titiriteiros galegos, director da compañía Viravolta de Lalín e investigador da tradición dos títeres en Galicia, a quen debemos a recuperación da figura de Barriga Verde.
Sobre Barriga Verde falaremos nos vindeiros días no cole, grazas á exposición que onte nos deixaron, como complemento do traballo que iniciamos cos obradoiros de construción de títeres.
Estes obradoiros forman parte do proxecto "Da Barraca ás aulas" desenvolvido pola Asociación cultural "Morreu o demo".
Agradecemos a Morreu o Demo e ao Concello de Rianxo a experiencia que vivimos onte.
Grazas, Anxo! Encantounos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)