mércores, 30 de marzo de 2022

Temos leitugas!

Hoxe botamos a andar un pequeno horto no cole! Xa tiñamos ganas! A aula de 1º preparou a terra e un pequeno tallón para plantar unhas leitugas. 
Xa empezamos a pensar nas ensaladas que imos comer antes de rematar este curso 😜
Que marabilla!

domingo, 27 de marzo de 2022

Mulleres viaxeiras

Estamos descubrindo a vida e as viaxes das incribles mulleres que forman a exposición que eleaboramos entre todas as aulas para o Día da Muller; todas elas sorprendentes e moi interesantes.

As nosas gazanias

As nosas gazanias xa están no exterior, a apañar a luz do sol e a aledar o patio. De momento están en maceta, cando medren un pouco transplantarémolas ao chan.

Traballando coas plantas

Continuamos aprendendendo e compartindo o aprendido sobre as plantas: partes, fotosíntese, respiración, reprodución...

Experimentando coas plantas

Esta semana completamos un experimento sobre a fotosíntese. É certo que as plantas liberan auga ao realizar a fotosíntese? Puidemos comprobalo nas árbores da nosa horta.


 

luns, 21 de marzo de 2022

Día da Poesía

Este luns celebramos o Día da Poesía, elaboramos e recibimos agasallos poéticos, poemas para compartir nas aulas e nas casas. Poemas de diferentes autores, pero sobre todo versos de Xosé Mª Brea Segade, o poeta de Taragoña que dá nome ao noso cole.

xoves, 17 de marzo de 2022

Emilia Pardo Bazán: a condesa rebelde

Esta semana descubrimos a Emilia Pardo Bazán grazas a un material educativo elaborado por Minervas Educación. Comezamos vendo unha película sobre a vida e os logros de Emilia Pardo Bazán, para despois realizar unha serie de xogos en liña nos que se empregaba información sobre os rasgos principais da "condesa rebelde". Foi moi interesante coñecer os logros desta figura fundamental da nosa literatura e da nosa historia e facelo por medio de retos e xogos moi atractivos.

mércores, 16 de marzo de 2022

Tipos de plantas...da horta do Brea Segade

Para distinguir plantas con flor, anxiospermas e ximnospermas e plantas sen flor non temos que ir moi lonxe, a horta do Brea Segade ten de todo. Hoxe estivemos localizando e clasificando plantas e de paso descubrimos a riqueza natural do noso patio. 

Recuncho de 5º no patio

Aquí está o noso recuncho de xogo no patio; deseño propio e construción entre tod@s 😉 😍

sábado, 12 de marzo de 2022

Debatindo

O Día da Muller, en Lingua Castelán, lemos sobre as orixes do 8M e o por que da celebración. Dentro das actividades sobre o tema que realizamos ao longo da semana, plantexamos facer unha práctica de debate, preparando argumentos a favor e en contra e defendendo unha postura, aínda que non fora a nosa. Revisamos tamén información sobre que é un debate e como deben realizarse, respectando quendas de palabra, sendo educados/as na defensa e no cuestionamento dos argumentos... 
O xoves, na biblio, dous equipos debatiron sobre: É necesario seguir conmemorando o Día da Muller? 
Impresionante! Xa nos gustaría ver este nivel de debate no Congreso dos Deputados e no Parlamento galego! 
Foi a nosa primeira experiencia debatindo, non ha ser a última.