Un grupo de rapaces/zas do club de remo de Rianxo estiveron con nós o luns pasado falándonos do seu deporte e animándonos a probar a remar este verán. Unha boa opción para gozar do mar e das vacacións, e quen sabe, igual hai hai quen lle colle gusto e continúe, come lles pasou aos rapaces que nos falaron. Grazas ao Club de remo de Rianxo!
venres, 23 de xuño de 2023
luns, 29 de maio de 2023
Piragüismo
A semana pasada puxemos en práctica as nosas habilidades como piragüistas e descubrimos que temos potencial 😃. Estiveron con nós dous membros do Club de Piragüismo de Rianxo e pasámolo moi ben.
Grazas Club de Piragüismo de Rianxo!
domingo, 7 de maio de 2023
Piscina
O venres pasado comezamos as actividades na piscina en Educación Física. Que ben o pasamos! E aínda quedan 3 venres máis! 😃
mércores, 29 de marzo de 2023
xoves, 2 de xuño de 2022
Encontro co Barbanza Rugby Club
O mércores na clase de Educación Física tivemos un encontro con membros do Club de Rugby Barbanza. Comezamos vendo un vídeo na clase, para a coñecer como empezou e en que consiste o rugbi e despois fomos ao pavillón e tivemos unha sesión de inciación con: pases, desprazamentos, formas de caer sen mancarnos... Foi divertido!
Grazas ao Barbanza Rugbi Club por achegarvos ao cole para ensinarnos en que consiste o rugbi!
sábado, 28 de maio de 2022
Basket Beats Borders
Esta semana volveu ao cole Adrián Dios, xa tiñamos ganas de volvelo a ver! 😀Desta vez veu presentarnos un proxecto impresionante no que está implicado: Basket Beats Borders O baloncesto derruba fronteiras. Adrián acaba de chegar de Beirut, onde estivo coñecendo e adestrando ao Palestine Youth Basket Team, un equipo de baloncesto feminino formado por refuxidas do campo de Shatila. Falounos de como é Shatila, de cando e porque se creou e ensinounos fotos e vídeos para axudarnos a entender as condicións de vida das máis de 44.000 persoas que viven nun campo orixinariamente pensado para 3.000 persoas. Pero sobre todo deixounos abraiados/as cando nos falou de Majdi Majzoub, creador do proxecto, e das rapazas que atoparon no baloncesto un espazo de encontro, de liberdade e de superación das barreiras que lles son impostas pola situación na que viven. Fermosísimo proxecto que pon luz a unha realidade terrible, a dos refuxiados e refuxiadas, sobre a que levamos traballando e falando todo o curso, que é moi difícil de entender, pero que non queremos deixar de lado.
Adrián tamén nos falou dos encontros do equipo das adultas con equipos femininos europeos, para adestrar e xogar con outras rapazas e para saír da situación na que viven, por un tempo. En xuño estarán en Madrid e está funcionando unha campaña de recollida de cartos para facer posible a viaxe e a estancia.
Grazas, Adrián, por descubrirnos Basket Beat Borders e demostrarnos que hai persoas empeñadas en cambiar o mundo, que se organizan e loitan para facer realidade os soños, pouco a pouco...
Tomamos boa nota, nós tamén queremos implicarnos e colaborar co proxecto; iremos buscando xeitos de facelo.
Para saber máis:
Reportaxe sobre BBB, contado por Adrián en Nós Diario
BBB no xornal El salto diario
Para colaborar na campaña de finanzamento da viaxe a Madrid no mes de xuño: Basket Beats Borders. Encontro Madrid Shatila.
domingo, 22 de maio de 2022
Parabéns!
O equipo mini do Club Baloncesto Rianxo é o Campión de Liga! Moitos parabéns!!
Vedes algunha cara coñecida nese equipazo?😉😍
mércores, 24 de novembro de 2021
Encontro con Adrián Mosquera
Este martes Adrián Mosquera, o piragüista rianxeiro que estivo nas paraolimpíadas de Tokio, visitou o noso colexio e puidemos coñecelo mellor, facerlle un montón de preguntas e ata entrevistalo para a Radio BBS. Despois de todo o que traballaramos sobre el en Educación Física, tiñamos moitas ganas de coñecelo e gustounos moito a súa visita.












































