domingo, 26 de xuño de 2022

Orghullo Rianxo 2022

Estes son os carteis elaborados por: Adriana, Alejandro, Claudia, Carla Fungueiriño, Carla Rial, Héctor, Icía e Irene para conmemorar o Día do Orghullo, que se celebra o 28 de xuño. Podedes ver todos os carteis que participaron no concurso que organizou o Concello, no Auditorio de Rianxo. 
 
Parabéns a tod@s! 
Polos carteis e polos valores que transmiten todos eles.

mércores, 22 de xuño de 2022

Rematamos 5º

Alá vai Quinto! Que logo pasou! 

Se botamos a vista atrás ou remexemos nas páxinas deste blog, dámonos conta do moito que compartimos e que aprendemos neste curso. Bo traballo! Agora toca gozar do verán, descansar e recargar ben as baterías para Sexto. 

Bo verán!

22 de xuño

Último día de curso. Foi unha mañá chea de diversión e emocións: obradoiros, xeados para merendar, despedida de Sexto,notas... Pasámolo moi ben!

Aniversarios 5º

No último día de clase celebramos todos os aniversarios de Quinto, eses 11 anos xa cumpridos ou que están por cumprir e que neste curso non puidemos celebrar en condicións. Miguel, ultimo dos compañeiros que pasou a ter 11 anos foi o encargado de soprar as velas en nome de todos. 

Parabéns, Quinto!

martes, 21 de xuño de 2022

Invertebrados

Este mes estivemos traballando en grupos sobre os diferentes tipos de invertebrados. Investigamos sobre eles e elaboramos murais. Hoxe expuxemos os traballos e presentamos os murais. 
Moi ben, Quinto! Moi bos traballos! 👏👏

Carla e Irene: educadoras

Hoxe Carla Fungueiriño e Irene fixeron uso das súas cartas de Diodi, as que escolleron despois de superar un dos retos Digicraft. Foron as nosas educadoras durante un tempo e estiveron xenial!

 
 
Carla propúxonos unha actividade de Plástica, facer un debuxo dun compañeiro/a.
Irene falounos sobre as fobias e abriu un debate sobre as fobias que coñeciamos e os medos que tiñamos.
Bravo, Carla e Irene, sodes unhas educadoras estupendas! 
As mellores!

Grandes viaxeiros: o pai de Alexander

O pai de Alexander viaxa por traballo por todo o mundo, ten visitado todos os continentes e lugares tan afastados como illas Mauricio, Shri Lanka ou Vietnam.

Grandes viaxeiros: o pai de Miguel

O pai de Miguel foi camioneiro e viaxou por toda Europa. Miguel escolleu Francia e Croacia entre os países que visitou seu pai.