A semana que vén teremos un novo "Encontro con escritores/as" organizado pola BBS. Nesta ocasión coñeceremos a Pere Tobaruela, así que levamos unhas semanas lendo algunhas das súas obras. Desta vez cada quen escolleu que obra quería ler, así que algúns leron Vouvos papar e outros/as Mortos de Ningures. Nas dúas Pere Tobaruela colaborou con outras escritoras na creación dos textos; teremos que preguntarlle, entre outras moitas cousas, a súa opinión sobre a escrita colaborativa e sobre a novela de misterio.
Quinto do Brea Segade 21-22
sábado, 21 de maio de 2022
Lendo a Pere Tobaruela
Ciberseguridade
Obradoiro de nutrición: despedida
xoves, 19 de maio de 2022
Relevo de interior e de costa
mércores, 18 de maio de 2022
Concerto didáctico de jazz
sábado, 14 de maio de 2022
Folión de verán
5º recitando Folión de Verán, de Florencio Delgado Gurriarán no Festival das Letras Galegas.😍
Letras Galegas no Brea Segade
venres, 13 de maio de 2022
Viaxeiras
Peixes: vexigas natatorias
sábado, 7 de maio de 2022
Máis ca leña
Comezamos!!!
Este venres fixemos a nosa primeira visita como guías do proxecto Máis ca leña. Recibimos ao alumnado e profesorado do Obradoiro de Emprego de Xestión Forestal de Boiro. Acompañounos tamén Emilio Saborido, para botarnos unha man nesta primeira experiencia e axudar a levar mellor os nervios, que eran moitos 😉
Desta vez participamos toda a clase, repartimos o traballo e colaboramos entre tod@s para que a visita resultara ben. E resultou!
Agora que comezamos, a tope con Máis ca leña ! 💚💚
Moitas grazas ao Obradoiro de Emprego de Boiro, polo amables e agarimosos que fostes con nós e por facernos tan doada a visita.
Grazas, Emilio, pola axuda e polo moito que sempre aprendemos contigo 😍
![]() |
Bo traballo, 5º!! |