Amosando publicacións coa etiqueta tradicións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tradicións. Amosar todas as publicacións

sábado, 29 de outubro de 2022

Os escritos

 "Miña avoa facía unha bolsiña á man... e dentro colocaba un dente de allo e unha cruz de Caravaca... Pra ela iso era un escrito. Esa bolsiña colocábase por dentro da roupa,  a rentes da pel, sostida por un imperdible. A súa función era arreneghar as bruxas." Diego Rodríguez Lojo, exalumno do Brea Segade.

Onte recuperamos no cole unha vella tradición, os escritos, que eran un tipo de amuletos de protección para os nenos e nenas. Que mellor data que o Samáin, para coñecer e falar desta tradición! Onte versionamos os escritos dos nosos antepasados, escribindo contra que queriamos protexernos e levando as bolsiñas co allo e o papel á vista, para que ningún mal espíritu poidera con nós. 












 

venres, 25 de febreiro de 2022

Pesdelán

A media mañá repuxemos forzas cun chocolate e as merendas, había que estar ben preparados para o concerto de Pesdelán. Leváronnos de viaxe polas músicas do mundo e fixéronnos bailar desde o primeiro momento. Foi moi divertido!
Agora tedes uns días para vivir o Entroido nas casas, nas aldeas... polo voso mundo.
 
Feliz Entroido! 🎉
 
 
Pasádeo moi ben e lembrade ir contando que facedes e como o pasades nos vosos Diarios de Entroido. 🎉👹👺

Venres: turistas choqueiros

Viva!

Alba seguiu contándonos como é o Entroido dos Xenerais da Ulla.Falounos dos vivas e os atranques e propúxonos probar a facelos nós. Así que nos puxemos mans á obra. Aquí tedes os nosos primeiros "vivas". Hai canteira!

xoves, 17 de febreiro de 2022

O Entroido da Ulla

 

 O ATRANQUE

 

O Xenerais da Ulla

Seguimos a nosa viaxe polo Entroido en Galicia. De Ourense pasamos á Ulla, para descubrir outro dos entroidos máis antigos e máis tradicionais  de Galicia: os Xenerais da Ulla.
Temos a enorme sorte de que Alba, a profe que está con nós estes meses, é de Boqueixón e pode contarnos de primeira man como se vive o Entroido nas terras da Ulla. E non só contarnos, hoxe trouxo unha chaqueta dun xeneral, para que puideramos coñecer como son os traxes que levan, unha chulada!

Grazas, Alba!😍

mércores, 27 de outubro de 2021

Quiz Samaín

Aquí tedes un quiz sobre o Samaín para desmostrar o moito que sabedes sobre esta terrorífica celebración. É un xogo de preguntas de Charo Vázquez Freire para Aulas Galegas. Atréveste?