Amosando publicacións coa etiqueta Escola de Música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Escola de Música. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de maio de 2022

Concerto didáctico de jazz

Hoxe puidemos escoitar jazz na nosa escola da man de Alfredo Susavila, Carlos Bastón e Pachi Cruz. Foi un concerto didáctico, no que tocaron diferentes temas, pero tamén nos explicaron como e onde naceu a música jazz e como foi evolucionando, dando lugar a boa parte dos estilos musicais que hoxe escoitamos.
Faláronnos de grandes nomes do jazz como Duke Ellington ou Louise Armstrong, que teñen unha importancia fundamental na música moderna. 
Este concerto didáctico enmárcase nas actividades que se van facer en Rianxo como preparación e ambientación do festival Noites de Jazz, que terá lugar nos primeiros días de agosto. 
Imos aproveitar esta "iniciación ao jazz" que tivemos hoxe no cole para escoitar un pouco máis da música dalgúns dos grandes do jazz dos que nos falou Alfredo. Aquí van dous temas que hoxe soaron no noso cole interpretados por Louis Armstrong e Duke Ellington. 
Preparados para viaxar a Estados Unidos na primeira metade do século XX? Imos alá!
 
 

sábado, 18 de decembro de 2021

Concerto de jazz

Este venres tivemos un concerto didáctico de jazz no colexio. Silvia Ferre, Miro Lamas e Alfredo Susavila leváronnos nun percorrido pola música jazz desde as súas orixes, pasando por diferentes etapas e estilos, adaptando cancións infantís e demostrándonos que o jazz pode gustarnos moito a grandes e a pequenos/as.  Encantounos! 
Ao rematar Alex e Icía, xunto con Anxo e Icia de 2º, fixéronlles unha entrevista para a Radio BBS. Estaremos atent@s a cando se publique o podcast, seguro que contaron cousas interesantes. 
Grazas á Escola de Música de Rianxo e ao Concello de Rianxo por traer música ao vivo ao noso cole.
Grazas, Silvia, Alfredo e Miro!  

Así de ben soou: 
 


Imos de concerto! E levamos o asento 😀
Xa estamos!