mércores, 18 de maio de 2022

Concerto didáctico de jazz

Hoxe puidemos escoitar jazz na nosa escola da man de Alfredo Susavila, Carlos Bastón e Pachi Cruz. Foi un concerto didáctico, no que tocaron diferentes temas, pero tamén nos explicaron como e onde naceu a música jazz e como foi evolucionando, dando lugar a boa parte dos estilos musicais que hoxe escoitamos.
Faláronnos de grandes nomes do jazz como Duke Ellington ou Louise Armstrong, que teñen unha importancia fundamental na música moderna. 
Este concerto didáctico enmárcase nas actividades que se van facer en Rianxo como preparación e ambientación do festival Noites de Jazz, que terá lugar nos primeiros días de agosto. 
Imos aproveitar esta "iniciación ao jazz" que tivemos hoxe no cole para escoitar un pouco máis da música dalgúns dos grandes do jazz dos que nos falou Alfredo. Aquí van dous temas que hoxe soaron no noso cole interpretados por Louis Armstrong e Duke Ellington. 
Preparados para viaxar a Estados Unidos na primeira metade do século XX? Imos alá!
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario