Amosando publicacións coa etiqueta materia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta materia. Amosar todas as publicacións

luns, 26 de setembro de 2022

Experimentando coa materia

Empezamos de novo cos experimentos en Naturais. Estamos a ver os cambios na materia, de momento con tres experimentos:

1. Limpar moedas vellas en sal e vinagre.






2. Ver o efecto do limón na oxidación dunha mazá.








3. Efectos do sol sobre o papel do xornal.


mércores, 3 de novembro de 2021

Oxidación

Seguimos experimentando coa materia e os seus cambios. Hoxe estivemos observando e recollendo datos sobre un cambio químico, a oxidación. Deixamos anacos de mazá con tona, sen ela, con sementes e sen sementes nuns pratos e fomos observando os cambios ao longo da mañá. Tras 4 horas expostas ao osíxeno a nosa hipótese principal confirmouse:
- Oxídase máis a mazá sen tona. 
- Oxídase máis a parte que está en contacto directo co aire.
Tamén observamos que a tona non se oxidou, que a oxidación só se deu na parte exterior dos anacos e que unha das mazás ten un  estraño triángulo na superficie que non se oxidou 👀
Comprobaremos o estado das mazás pasadas 24 horas...

mércores, 6 de outubro de 2021

Solubilidade

Seguimos traballando coa materia, hoxe experimentamos cunha das súas características, a solubilidade, aplicando o método científico: plantexamento de problema, hipótese, experimento, observación e conclusións.
 
Comezamos:
Solutos: aceite e azucre
Solutos: vinagre e sal
Disolvente: auga

E se botamos o aceite antes?