Seguimos experimentando coa materia e os seus cambios. Hoxe estivemos observando e recollendo datos sobre un cambio químico, a oxidación. Deixamos anacos de mazá con tona, sen ela, con sementes e sen sementes nuns pratos e fomos observando os cambios ao longo da mañá. Tras 4 horas expostas ao osíxeno a nosa hipótese principal confirmouse:
- Oxídase máis a mazá sen tona.
- Oxídase máis a parte que está en contacto directo co aire.
Tamén observamos que a tona non se oxidou, que a oxidación só se deu na parte exterior dos anacos e que unha das mazás ten un estraño triángulo na superficie que non se oxidou 👀
Comprobaremos o estado das mazás pasadas 24 horas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario