E unha vez que as arañas estaban feitas había que darlles vida. Traballamos en grupos creando animacións en Stop Motion e un anuncio en vídeo. Aínda temos que editar, pero xa sabemos que hai moi bo material 😍
sábado, 29 de outubro de 2022
Arañas
Os escritos
"Miña avoa facía unha bolsiña á man... e dentro colocaba un dente de allo e unha cruz de Caravaca... Pra ela iso era un escrito. Esa bolsiña colocábase por dentro da roupa, a rentes da pel, sostida por un imperdible. A súa función era arreneghar as bruxas." Diego Rodríguez Lojo, exalumno do Brea Segade.
Onte recuperamos no cole unha vella tradición, os escritos, que eran un tipo de amuletos de protección para os nenos e nenas. Que mellor data que o Samáin, para coñecer e falar desta tradición! Onte versionamos os escritos dos nosos antepasados, escribindo contra que queriamos protexernos e levando as bolsiñas co allo e o papel á vista, para que ningún mal espíritu poidera con nós.
Venres de Samaín
Mochila Viaxeira para Irene
A casa de Irene é o segundo destino da Mochila Viaxeira de 6º. De seguro que nesta finde longa has quitar bo partido de todo o que vai na Mochila. Xa nos contarás, Irene. 😀
Mesturas
Homoxéneas ou heteroxéneas? Andamos a voltas coas mesturas e nada mellor que experimentar para entendelas. Seguimos traballando co método científico: formulando hipóteses, observando e chegando a conclusións.
mércores, 26 de outubro de 2022
A figueira de Pelostortos
Hoxe contamos A Figueira de Pelostortos nos contacontos do recreo na BBS. Foi o primeiro contacontos deste curso e como case estamos no Samaín tocaba contar un conto de ánimas e de paso botarnos tod@s unhas risas. Saiu moi ben!
Sodes uns cracks! |
Entrada no blog da biblio sobre Pelostortos.