Amosando publicacións coa etiqueta lecturas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lecturas. Amosar todas as publicacións

sábado, 24 de xuño de 2023

Cousas

Entre as sorpresas que fomos argallando para os últimos días de curso, o Concello de Rianxo agasallou aos grupos de 5º e 6º cun exemplar de Cousas de Castelao, unha boa lectura para o verán, un imprescindible como rianxeiros e rianxeiras e un bo recordo do paso polo Brea Segade.

Grazas, Concello de Rianxo!



luns, 15 de maio de 2023

xoves, 2 de marzo de 2023

xoves, 22 de decembro de 2022

Mochila Viaxeira para Héctor

Héctor levou a Mochila Viaxeira para o Nadal. Tes tempo de gozar dela devagar, que che guste moito todo o que a BBS compartiu nela!

xoves, 24 de novembro de 2022

Mochila Viaxeira para Daniela

Hoxe saíron de novo as Mochilas Viaxeiras, a de Sexto marchou para o Araño, para a casa de Daniela. Tes dúas semanas para gozar dela, Daniela, aprovéitaa ben! 😍




xoves, 10 de novembro de 2022

Mochila Viaxeira para Noa

Hoxe saíron de novo as Mochilas Viaxeiras, a de Sexto levouna Noa. Aprovéitaa ben, Noa, levas un feixe de lecturas, música e peli ben variado.

sábado, 29 de outubro de 2022

Mochila Viaxeira para Irene

A casa de Irene é o segundo destino da Mochila Viaxeira de 6º. De seguro que nesta finde longa has quitar bo partido de todo o que vai na Mochila. Xa nos contarás, Irene. 😀

sábado, 10 de setembro de 2022

Táboas da BBS

Por fin! Despois de 2 cursos nos que non as poidemos utilizar por protocolo Covid, volven as táboas da BBS, que usaremos na biblioteca e no recuncho dos xogos. Beeeen! 🎉🎉

Este venres estivemos personalizándoas e decorándoas coa temática da BBS para este curso, que volve ser as viaxes. Quedaron chulísimas!!!












Hora de ler

Este venres recollemos na biblioteca a nosa caixa de lecturas para a Hora de Ler, que comezou xusto á volta do recreo. Temos un bo feixe de lecturas de diferentes xéneros e temáticas para escoller. 







sábado, 28 de maio de 2022

ELBE 2: plataforma de lectura dixital

Comezamos a coñecer a plataforma de lectura dixital ELBE2, que nos vai permitir ler en soporte dixital libros que poderemos coller en préstamo.  Empregaremos a Hora de Ler para ir afacéndonos a este novo formato de lectura, que imos poder usar tamén nas casas.

sábado, 21 de maio de 2022

Lendo a Pere Tobaruela

A semana que vén teremos un novo  "Encontro con escritores/as" organizado pola BBS. Nesta ocasión coñeceremos a Pere Tobaruela, así que levamos unhas semanas lendo algunhas das súas obras. Desta vez cada quen escolleu que obra quería ler, así que algúns leron Vouvos papar e outros/as  Mortos de Ningures. Nas dúas Pere Tobaruela colaborou con outras escritoras na creación dos textos; teremos que preguntarlle, entre outras moitas  cousas,  a súa opinión sobre a escrita colaborativa e sobre a novela de misterio.





venres, 6 de maio de 2022

Miles de libros

Esta foi unha semana ben intensa. De luns a xoves nas Horas de Ler contamos para todas as aulas do cole Miles de libros de Eduardo Baamonde. Máis que contar, representamos: aprendémonos os textos, buscamos xeitos de ambientar as escenas, ensaiamos e ... Acción! 
O mellor foi que participamos todos/as e iso sempre o fai máis divertido.

luns, 25 de abril de 2022

A voar!

Ás para remontar o voo

Hoxe celebramos no cole o Día do Libro, que foi o sábado. Comezamos completando a mensaxe aos nenos e nenas do Día do Libro Infantil. Para iso fixemos por equipos un "ditado en movemento" coas palabras que faltaban no texto.
Despois, unha vez lemos a mensaxe, elaboramos avións de papel e os decoramos con títulos e ilustracións dos nosos libros favoritos.
E rematamos facéndoos voar!
"As historias son ás para remontar o voo"