Amosando publicacións coa etiqueta radio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta radio. Amosar todas as publicacións

sábado, 17 de xuño de 2023

Gravación para Sintaxe

Este venres quedamos comer no cole para rematar pola tarde a gravación dos audios dos vídeos das clases gramaticais do método Sintaxe. Gravamos, xogamos, bailamos... Estivemos xunt@s e pasámolo ben 😉




Rematamos...

content@s!

xoves, 2 de marzo de 2023

Creando con Audacity

Comezamos a descubrir as posibilidades de Audacity para a gravación e edición de son. Xa temos as primeiras producións, aínda mellorables, pero imos moi ben.  Hai madeira radiofónica en Sexto! 😃





venres, 6 de maio de 2022

Radio BBS: Heredeiros da Crus

No mes de maio, Mes das Letras, imos investigar sobre grupos e interpretes de música galega e elaborar programas para emitir nos directos do recreo. Comezamos este xoves cos Heredeiros da Crus, que teñen na clase unha seguidora incondicional 😎 
Comezamos rockeiras/os 🎸 e, con cada programa, intentaremos descubrir diferentes estilos de música en galego.

mércores, 23 de febreiro de 2022

Obradoiro de radio

Hoxe, dentro do proxecto Radio na Biblio do que forma parte a BBS, participamos nun obradoiro de radio impartido por Sergio Pascual de Laboratorio da Radio
Entre outras moitas cousas aprendemos que o fundamental na radio é escoitar e que os ingredientes imprescindibles para facer radio son: a voz, a música, os efectos de son e o silencio. Fixémos xogos, escribimos guións e acabamos gravando as nosas historias. 
Agora só temos que seguir experimentando e gozando do traballo na radio. 📻💖
No blog da BBS tamén falan sobre este obradoiro.

martes, 22 de febreiro de 2022

Sementade pensamentos: haikus

E aquí está o podcast cos haikus de 5º no Día de Rosalía.

Gravando haikus

Hoxe rematamos os haikus que escribimos seguindo a proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega para celebrar o Día de Rosalía. Son os nosos primeiros haikus, desta vez inspirados nos pensamentos e na obra de Rosalía. Decidimos gravalos e convertilos nun podcast, unha boa escusa para ir de novo á Radio BBS, que tanto nos gusta 😉

sábado, 18 de decembro de 2021

Concerto de jazz

Este venres tivemos un concerto didáctico de jazz no colexio. Silvia Ferre, Miro Lamas e Alfredo Susavila leváronnos nun percorrido pola música jazz desde as súas orixes, pasando por diferentes etapas e estilos, adaptando cancións infantís e demostrándonos que o jazz pode gustarnos moito a grandes e a pequenos/as.  Encantounos! 
Ao rematar Alex e Icía, xunto con Anxo e Icia de 2º, fixéronlles unha entrevista para a Radio BBS. Estaremos atent@s a cando se publique o podcast, seguro que contaron cousas interesantes. 
Grazas á Escola de Música de Rianxo e ao Concello de Rianxo por traer música ao vivo ao noso cole.
Grazas, Silvia, Alfredo e Miro!  

Así de ben soou: 
 


Imos de concerto! E levamos o asento 😀
Xa estamos!

Nas ondas!

Esta semana fixemos o noso último directo do recreo do 2021. Repetimos o programa sobre Mother Mother que elaboran Carla e Alejandro, desta volta con novas locutoras e eles nos mandos. Para o 2022, máis radio e máis directos da nosa autoría! 😍

sábado, 11 de decembro de 2021

Directo da radio BBS: Mother, Mother

O xoves pasado a radio BBS emitiu no recreo o primeiro directo elaborado integramente por alumnado. Carla Rial e Alejandro prepararon a escaleta e escolleron música para dar a coñecer ao grupo canadiense Mother, Mother. Emitírono Carla, Alejandro, Alexander e Almudena. 
Bravo! 👏👏
Ha ser o primeiro de moitos.

luns, 15 de novembro de 2021

Mancomún


En Valores Sociais e Cívicos estiveron investigando sobre o monte en mancomún e a Comunidade de Montes de Taragoña; con todo o que aprenderon elaboraron dous podcasts na Radio BBS: un programa sobre o monte mancomunado e unha entrevista a Emilio Saborido e Miguel Rial, o pai de Icía, que son membros da Comunidade de Montes. 

 

Aquí os tedes:  

Monte en mancomún  

Entrevista a Emilio e Miguel