Hoxe, dentro do proxecto Radio na Biblio do que forma parte a BBS, participamos nun obradoiro de radio impartido por Sergio Pascual de Laboratorio da Radio.
Entre outras moitas cousas aprendemos que o fundamental na radio é escoitar e que os ingredientes imprescindibles para facer radio son: a voz, a música, os efectos de son e o silencio. Fixémos xogos, escribimos guións e acabamos gravando as nosas historias.
Agora só temos que seguir experimentando e gozando do traballo na radio. 📻💖
No blog da BBS tamén falan sobre este obradoiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario