Un grupo de rapaces/zas do club de remo de Rianxo estiveron con nós o luns pasado falándonos do seu deporte e animándonos a probar a remar este verán. Unha boa opción para gozar do mar e das vacacións, e quen sabe, igual hai hai quen lle colle gusto e continúe, come lles pasou aos rapaces que nos falaron. Grazas ao Club de remo de Rianxo!
venres, 23 de xuño de 2023
sábado, 10 de xuño de 2023
Primeiros Auxilios
Onte Sandra e Sonia, nais de Carla Rial e de Sabela e Helena, e enfermeiras de profesión, estiveron con nós ensinándonos nocións básicas de primeiros auxilios. Canto aprendemos! Trouxeron un par de bonecos para reanimación, un desfibrilador e un montón de boas recomendacións sobre como actuar en situacións de emerxencia, accidentes, feridas...
Grazas, Sonia e Sandra! Foi moi interesante!
luns, 29 de maio de 2023
Piragüismo
A semana pasada puxemos en práctica as nosas habilidades como piragüistas e descubrimos que temos potencial 😃. Estiveron con nós dous membros do Club de Piragüismo de Rianxo e pasámolo moi ben.
Grazas Club de Piragüismo de Rianxo!
domingo, 21 de maio de 2023
Carreira de orientación
domingo, 7 de maio de 2023
Piscina
O venres pasado comezamos as actividades na piscina en Educación Física. Que ben o pasamos! E aínda quedan 3 venres máis! 😃
mércores, 29 de marzo de 2023
mércores, 22 de marzo de 2023
Club ciclista padronés Cortizo
Hoxe tivemos unha charla organizada pola Aula de Educación Física sobre o Club de ciclismos de Padrón. Foi a parte teórica dun obradoiro que teremos o vindeiro mércores e no que xa participaremos con bicis e cascos.

















































