Onte Sandra e Sonia, nais de Carla Rial e de Sabela e Helena, e enfermeiras de profesión, estiveron con nós ensinándonos nocións básicas de primeiros auxilios. Canto aprendemos! Trouxeron un par de bonecos para reanimación, un desfibrilador e un montón de boas recomendacións sobre como actuar en situacións de emerxencia, accidentes, feridas...
Grazas, Sonia e Sandra! Foi moi interesante!
Ningún comentario:
Publicar un comentario