Amosando publicacións coa etiqueta PDI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI. Amosar todas as publicacións

sábado, 17 de xuño de 2023

Arte da época contemporánea

A nosa máquina do tempo parou nos séculos XVIII, XIX e XX e propúxonos investigar sobre movementos pictóricos e os pintores ou pintoras máis destacados e interesantes. Cada quen escolleu o pintor/a que máis lle interesou, investigou, elaborou unha presentación, e así agora estamos aprendendo tod@s sobre a vida e a obra de 14 artístas da Idade Contemporánea. Aquí van imaxes das exposicións dos traballos. 

Dalí



Laxeiro


Maruxa Mallo


Dora Maar

Frida Kahlo

Kandinsky

Goya


Xulia Minguillán

Van Gogh

Paul Gaugin

Joan Miró


sábado, 29 de abril de 2023

Pablo Picasso

Hecho con Padlet
Aquí está o resultado do traballo colaborativo en torno á vida e a obra de Pablo Picasso. Este mural virtual recolle a investigación realizada en grupos dentro do PDI De Viaxe!, que estamos desenvolvendo neste curso e que na aula de Sexto estanos permitindo descubrir diferentes etapas e figuras artísticas. Fantástico trabalo, Sexto!

martes, 27 de decembro de 2022

xoves, 22 de decembro de 2022

Presentando o Casco de Leiro

Ao longo destes últimos días compartimos o que aprendemos sobre o casco de Leiro cos compañeiros e compañeiras de 3º, 4º e 5º. Fixémolo na biblioteca, onde tamén estivo exposto estas ultimas semanas a réplica do casco de Leiro que teñen no Concello e que nos deixaron para que todo o cole puidese vela. Estivo moi ben presentar o noso traballo ao resto dos compañeiros e compañeiras.

martes, 21 de xuño de 2022

Grandes viaxeiros: o pai de Alexander

O pai de Alexander viaxa por traballo por todo o mundo, ten visitado todos os continentes e lugares tan afastados como illas Mauricio, Shri Lanka ou Vietnam.

Grandes viaxeiros: o pai de Miguel

O pai de Miguel foi camioneiro e viaxou por toda Europa. Miguel escolleu Francia e Croacia entre os países que visitou seu pai.

Grandes viaxeiros: Amanda

Amanda é a tía de Daniela e viaxou por turismo a París e a Londres.

Grandes viaxeiros: Miguel

Iván presentounos ao seu tío, Miguel, que é mariñeiro e viaxou en barco de pesca por medio mundo.

Grandes viaxeiros: o avó de Noa

Noa falounos do seu avó, que viviu en Lucerna (Suiza) coa súa familia durante moitos anos. En Suiza o avó de Noa traballaba nunha fábrica.

Grandes viaxeiros: Fran

Almudena falounos do seu pai, que viaxa por moitos países de Europa debido ao seu traballo.Entre todos os países nos que ten estado, Almudena escolleu Bélxica e Gran Bretaña.

Grandes viaxeiros: Adán

O pai de Adriana viaxou por traballo, a moitos lugares do norte de España, principalmente en Asturias e o País Vasco.

Grandes viaxeiros: Juan

Alejandro falounos do seu padriño, o irmán da súa nai, que vive e traballa en Lanzarote.