Comezamos o 2º trimestre! Seguimos viaxando; agardamos descubrir moitos lugares novos, coñecer seres vivos interesantes e gozar moito do camiño que nos queda por diante. Para comezar imos coñecer a 3 aves que compiten sanamente entre elas para ser a ave do ano 2022. É unha iniciativa da SEO Birdlife (Sociedade Española de Orniotoloxía), que cada ano escolle a un ave ameazada para dar a coñecer a súa problemática e contribuír así a mellorar a súa situación. Descubramos á tartaraña cincenta, ao picanzo cabecirrubio e ao ruisinol de mato. Cal é o teu favorito?
Amosando publicacións coa etiqueta ecoloxía b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ecoloxía b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 9 de xaneiro de 2022
mércores, 3 de novembro de 2021
Plásticos non!
Aproveitando que se está a celebrar a en Glasgow a COP26, cumbre do clima, da que agardamos saian medidas positivas para o noso planeta, publicamos, a modo de manifestación virtual, os carteis que elaboramos con Libre Office Draw para concienciar sobre a problemática do plástico nos mares e océanos.
Preme na imaxe para velos en grande.
Para saber máis sobre a cumbre do clima: As 11 claves da cumbre do clima de Glasgow.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)