venres, 27 de xaneiro de 2023

Digicraft: "recetas extravagantes"

Seguimos a voltas cos algoritmos, pero desta vez a proposta era ordenar os pasos de elaboración dunha receita extravagante, completala e subila a unha páxina da Asociación de comidas extravagantes. Seguimos publicando receitas, en canto as teñamos todas compartimos a páxina. Veredes que creatividade culinaria hai en Sexto. 😂😂




Día da ilustración: Mª Antonia Dans

 O 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración. Neste ano a homenaxeada é Mª Victoria Dans. A BBS elaborou dúas actividades para que coñeceramos mellor a súa vida e a súa obra. Ademais cada clase recibiu un "anaco" dunha das súas obras para que colorearamos e entre todos reinterpretemos. No noso anaco había dúas caras e o resto... Nin idea! Pero nós coloramos igual e quedou moi ben. A ver como queda e que é cando xuntemos todos os anacos. 











luns, 23 de xaneiro de 2023

A profe Carla

Hoxe Carla fixo uso da súa tarxeta-premio Digicraft e exerceu de profe na última sesión da mañá. Deu clase de Matemáticas e sorprendeu a todos/as cun exame sorpresa. Éche ben dura esta profe Carla! 😉 Aínda que ao final da clase repartiu  adhesivos para todos/as e compensou o susto do exame 😂


Bravo, profe Carla!

domingo, 22 de xaneiro de 2023

Os nosos Guernicas

 Xa estamos en marcha...





Digicraft: algoritmos

Este curso as actividades de Digicraft tratan sobre programación e pensamento computacional. Comezamos "programando" aos nosos compañeiros/as para chegar a un punto na aula. Os programadores/as deseñaron o algoritmo, os interpretes/as fixérono nas costas dos compañeiros/as que cos ollos tapados realizaron o traxecto. Foi divertido! Despois descubrimos Compute it, e seguimos traballando con algoritmos de computación, desta vez nos ordenadores. 







mércores, 11 de xaneiro de 2023

Sintaxe: grupos nominais

Retomamos o traballo con Sintaxe. Xa andamos ás voltas con tres personaxes das clases gramaticais: determinantes, substantivos comúns e propios. 








Agasallos de Nadal

O luns atopamos agasallos para todas as clases baixo a árbore da entrada do colexio. Para Sexto deixaron dous xogos de mesa. Xa comezamos a probalos!