Amosando publicacións coa etiqueta Axudantes BBS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Axudantes BBS b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 2 de outubro de 2022
xoves, 9 de xuño de 2022
Parabéns, Quinto!
Este luns Quinto recibiu os seus certificados de participación no programa de voluntariado da Xunta de Galicia, recoñecemento do seu bo traballo como axudantes de biblioteca ao longo de todo o curso.
Moi ben rapaces e rapazas!
venres, 25 de febreiro de 2022
Xoves de Entroido na BBS
Aínda que sexa Entroido os axudantes da BBS non paran, ben sexa na Radio BBS ou na biblio sempre hai moito que facer. Dá gusto vervos en acción!
xoves, 11 de novembro de 2021
Na Radio BBS
Hoxe Carla Fungueiriño, Almudena, Miguel e Irene emitiron o directo do recreo da Radio BBS. Xa case profesionais!! 😉
sábado, 30 de outubro de 2021
Emitindo no recreo
Novas locutoras e técnico na Radio BBS, continúan os directos do recreo, seguimos descubrindo "estrelas radiofónicas"😍
xoves, 21 de outubro de 2021
Directos do recreo
Novo programa en directo da Radio BBS no recreo do xoves. Imos collendo soltura, vese que en Quinto hai madeira de locutores e locutoras.😊
sábado, 16 de outubro de 2021
Radio BBS
Esta semana comezamos a colaborar nos directos do recreo da Radio BBS. Os mércores e xoves os axudantes da BBS emiten en directo e pódense escoitar no patio e na biblio. Nós emitimos os xoves. Carla, Claudia, Alejandro e Alexander foron os primeiros. Aquí os tedes, uns auténticos profesionais!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

