Amosando publicacións coa etiqueta ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencia. Amosar todas as publicacións

sábado, 10 de setembro de 2022

Autoxiros

Héctor recomendáranos o curso pasado varias actividades dun libro que collera na biblio, pero non tiveramos tempo a facelas xuntos. Decidimos comezar o curso con bo pé, poñéndonos ao día do que tiñamos pendente. Aquí tedes os nosos "autoxiros" en acción!! 

Grazas, Héctor, moi boa recomendación!


domingo, 19 de xuño de 2022

Visita guiada para Segundo

O venres levamos aos nenos e nenas de Segundo de visita ao roteiro Máis ca leña. Foi a nosa primeira visita con nenos/as e gustounos moito comezar cos nosos compañeiros/as de 2º.
As candeas dos castiñeiros


















Saída aos Museos Científicos de A Coruña

 

O xoves pasado tivemos a excursión de fin de curso. Fomos cos de Sexto á Coruña e visitamos o Domus, a Casa dos Peixes e a Casa das Ciencias. Foi un día intenso, non paramos, nin nos lembramos da merenda da mañá! Había moito que ver e experimentar. 😀

venres, 13 de maio de 2022

Peixes: vexigas natatorias

Este mércores fixemos un experimento para comprender mellor o funcionamento das vexigas natatorias dos peixes. Os nosos peixes foron bolsas con garavanzos e as vexigas natatorias globos. Quedou claro que as vexigas cheas de aire permiten flotar a maior altura, mentres que ao estar baleiras axudan a descender.

sábado, 12 de marzo de 2022

Plantas

Esta semana retomamos o traballo con plantas e, xa que o tempo non nos deixou saír á horta a plantar nin a observar e tomar datos, plantamos tres gazanias e reflexionamos sobre plantas comestibles na clase.
Volverán os días de sol e retomaremos as actividades fóra, pero de momento, éche o que toca. 😀
Que comemos? Raíz, semente, follas, flores, talo?
E despois da actividade, nun respiro que nos deu a chuvia, levamos a verdura para Paquita e Michel.

venres, 21 de xaneiro de 2022

Microciencia

Esta semana descubrimos quen foi Robert Hooke e estivemos dándolle uso ao seu principal invento, o microscopio, para ver algúns seres inertes e vivos: microciencia na biblio 😉