Amosando publicacións coa etiqueta Ulla. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ulla. Amosar todas as publicacións

martes, 8 de marzo de 2022

Atranques

A semana pasada rematamos o traballo sobre o Entroido. Quedábanos rematar os nosos primeiros atranques e compartilos. Aquí os tedes. 

Como se nota que tivemos unha experta en atranques ensinándonos como facelos. Grazas, Alba!

venres, 25 de febreiro de 2022

Viva!

Alba seguiu contándonos como é o Entroido dos Xenerais da Ulla.Falounos dos vivas e os atranques e propúxonos probar a facelos nós. Así que nos puxemos mans á obra. Aquí tedes os nosos primeiros "vivas". Hai canteira!

xoves, 17 de febreiro de 2022

O Entroido da Ulla

 

 O ATRANQUE

 

O Xenerais da Ulla

Seguimos a nosa viaxe polo Entroido en Galicia. De Ourense pasamos á Ulla, para descubrir outro dos entroidos máis antigos e máis tradicionais  de Galicia: os Xenerais da Ulla.
Temos a enorme sorte de que Alba, a profe que está con nós estes meses, é de Boqueixón e pode contarnos de primeira man como se vive o Entroido nas terras da Ulla. E non só contarnos, hoxe trouxo unha chaqueta dun xeneral, para que puideramos coñecer como son os traxes que levan, unha chulada!

Grazas, Alba!😍