Amosando publicacións coa etiqueta desenvolvemento sostible. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta desenvolvemento sostible. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de maio de 2023

Visita do CRA

Este mércores recibimos unha nova visita a Máis ca leña. Viñeron os nenos e nenas das escolas de Outeiro e Capela do CRA de Rianxo. Gustounos moito recibilos e acompañalos a coñecer os usos do monte que propón o proxecto Máis ca leña. Había nervios, pero en canto vimos o feitos/as que eran xa todo foi ben. E como sempre, as cabras e os burros foron as estrelas da visita 😎
Grazas por vir visitar Máis ca leña con nós!


xoves, 30 de marzo de 2023

Máis ca leña co cole Vilas Alborada

Este mércores tivemos a visita da aula de 6º de Infantil do colecio Vilas Alborada de Santiago de Compostela. Viñeron coñecer o espazo de Máis ca leña, así que un grupo de Sexto fixo de guías para eles. Foi unha visita diferente, na que tivemos que cambiar cousas para poder presentar o proxecto a nenos e nenas máis pequenos, pero gustounos moito! E eles quedaron encantad@s, sobre todo coas cabras e os burros, como non!




















Grazas por vir visitar Máis ca leña!

luns, 27 de marzo de 2023

As familias visitan Máis ca leña

Por fin! Despois de varios intentos que non puidemos realizar pola chuvia, hoxe as familias que tiñan libre pola mañá, achegáronse ao cole e visitaron con nós a área de Máis ca leña. 

Grazas por vir! 
Tiñamos moitas ganas de compartir este proxecto con vós.