Amosando publicacións coa etiqueta creamos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta creamos. Amosar todas as publicacións

sábado, 24 de xuño de 2023

Baile Sexto

21 de xuño: obradoiros

A última mañá do curso estivo chea de sorpresas, de actividades e de diversión. Compartimos tod@s xuntos a ledicia por un curso que remata, pero tamén a emoción e a tristeza por despedirnos de Sexto. Tivemos moitos obradoiros para escoller: maquillaxe, pulseiras, chaveiros, chapas, camisetas, xogos populares, karaoke...



















Despois chegou o tempo da merenda, que desta volta trouxeron os nenos e nenas de 2º e 4º. Ah! E tamén houbo xeados. Mmmmm!



sábado, 17 de xuño de 2023

Arte da época contemporánea

A nosa máquina do tempo parou nos séculos XVIII, XIX e XX e propúxonos investigar sobre movementos pictóricos e os pintores ou pintoras máis destacados e interesantes. Cada quen escolleu o pintor/a que máis lle interesou, investigou, elaborou unha presentación, e así agora estamos aprendendo tod@s sobre a vida e a obra de 14 artístas da Idade Contemporánea. Aquí van imaxes das exposicións dos traballos. 

Dalí



Laxeiro


Maruxa Mallo


Dora Maar

Frida Kahlo

Kandinsky

Goya


Xulia Minguillán

Van Gogh

Paul Gaugin

Joan Miró


mércores, 7 de xuño de 2023

Creando videoxogos

 Esta semana descubrimos que somos quen de crear os nosos propios videoxogos. Volveu visitarnos Carlos Ces, o informático do Concello de Rianxo e desta vez ensinounos a traballar cun programa que nos permite crear personaxes, escenarios, inimigos... Videoxogos! Foi moi interesante, agora tócanos seguir fedellando 😄

Grazas, Carlos!









domingo, 7 de maio de 2023

Máis atrapasoños

Seguimos rematando os atrapasoños e algúns xa comezaron co seguinte proxecto con la en Plástica. 




sábado, 29 de abril de 2023

Pablo Picasso

Hecho con Padlet
Aquí está o resultado do traballo colaborativo en torno á vida e a obra de Pablo Picasso. Este mural virtual recolle a investigación realizada en grupos dentro do PDI De Viaxe!, que estamos desenvolvendo neste curso e que na aula de Sexto estanos permitindo descubrir diferentes etapas e figuras artísticas. Fantástico trabalo, Sexto!

sábado, 15 de abril de 2023

Atrapasoños

Neste trimestre imos traballar con la en Plástica, facendo diferentes proxectos. Comezamos creando os nosos atrapasoños e está a gustarnos moito.