Amosando publicacións coa etiqueta pensamento computacional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pensamento computacional. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de febreiro de 2023

Digicraft: camiño ao tesouro

Hoxe tivemos outra sesión de traballo con Digicraft. Desta vez había que superar tres retos para chegar ao planeta no que se agochaba un cofre cun tesouro. Os retos só podían resolverse seguindo as pistas de 3 diagramas de fluxo, que reproducen o sistema empregado na programación das intelixencias artificiais. Unha vez collido o truco aos diagramas de fluxo... imparables! Todas as parellas chegaron ao tesouro. 




E o tesouro era... unha partida en grupo ao Gartic Phone: debuxar, interpretar, escribir, volver debuxar e ver os resultados. Foron risas! E dúas partidas, claro!








domingo, 22 de xaneiro de 2023

Digicraft: algoritmos

Este curso as actividades de Digicraft tratan sobre programación e pensamento computacional. Comezamos "programando" aos nosos compañeiros/as para chegar a un punto na aula. Os programadores/as deseñaron o algoritmo, os interpretes/as fixérono nas costas dos compañeiros/as que cos ollos tapados realizaron o traxecto. Foi divertido! Despois descubrimos Compute it, e seguimos traballando con algoritmos de computación, desta vez nos ordenadores.