xoves, 30 de setembro de 2021

Astronautas

En Sociais estamos traballando sobre o Universo e a Terra e comezamos unha investigación, en grupos, para descubrir en que destacaron catro astronautas de diferentes países e épocas. Estamos en proceso...

Masa e volume

Andamos a voltas coa materia e as súas propiedades. Empezamos coa masa e o volume. 

luns, 27 de setembro de 2021

Máis ca leña

O venres pasado iniciamos as actividades do proxecto Máis ca leña. Estivemos en campo Maneiro con tres comuneiros e comuneiras de Baroña (Porto do Son) que nos ensinaron a extraer resina dos piñeiros con dous metodos diferentes: o tradicional, que é máis artesanal e o que se está a facer ultimamente que require de trade eléctrica e bolsas para recoller a resina. Explicáronnos tamén os usos da resina e a que empresas a vende. Despois fomos á plantación de castiñeiros e Emilio Saborido falounos sobre o papel das árbores autóctonas caducifolias no monte, as enfermidades que poden ter, o seu aproveitamento... Para rematar a mañá, despois de merendar e xogar en campo Maneiro, subimos ver as cabuxas da parcela de arriba. Foi unha mañá ben completa! 

Grazas a Fousas ao Monte e a Comunidade de Baroña! Grazas, Emilio!

mércores, 15 de setembro de 2021

Avanzamos!

Pasiño a pasiño, devagar, xa fomos facendo grandes avances.

Caderno e dicionario virtual:

Primeiro contacto cos recursos virtuais de Edixgal, despois de activar as credenciais👌💪




 

Sodes uns cracks, rapazas e rapaces de Quinto!!

luns, 13 de setembro de 2021

Somos 5º Edixgal!

Si, somos Edixgal e hoxe comezamos a coñecer unha parte importante do equipamento co que imos traballar este curso, os nosos ordenadores. O primeiro contacto foi moi ben. Seguiremos avanzando...

sábado, 11 de setembro de 2021

Xoves na BBS

Este curso continuamos co protocolo de uso da biblioteca co que funcionamos o curso pasado. Cada aula burbulla pode usar a BBS un día á semana, o noso día é o xoves. O primeiro día de curso xa nos reencontramos coa biblio e descubrimos novidades.

xoves, 9 de setembro de 2021