mércores, 22 de decembro de 2021

Os nosos desexos

 

Ao rematar este primeiro trimestre do curso compartimos os nosos desexos para o 2022. 

Boas festas!

Coroas de Nadal

Rematamos a mañá elaborando coroas de Nadal para pendurar nas portas das nosas casas ou dos nosos cuartos. Mirade que ben quedaron; Haiche moita creatividade en 5º!

Estreliñas 3D para decorar

A Biblioteca Brea Segade agasallounos con estreliñas, feitas na impresora 3D, para pendurar das nosas árbores de Nadal.

 

Bo Nadal!!!

Chocolate para despedir o 1º trimestre

Xa é tradición, xunto con cantar as prosas do Nadal, chocolate e rosca para merendar. Mmmmmmm!

Prosas do Nadal

Onte tivemos unha mañá especial, non puidemos celebralo todos xuntos como nos gustaría, pero era o último día do trimestre antes das vacacións de Nadal e había que celebralo. Non faltaron as prosas do Nadal, Alma, José Luis, Isabel e Aldara sorprendéronos entrando na clase con música e animándonos a cantalas. Adriana, moi previsora, tiña a pandeireta para unirse a eles. 
 
Bravo músicos! Grazas por manter viva a nosa tradición!
 
Vai ou non vai? VAI!

martes, 21 de decembro de 2021

El niño de luz de plata

Nas últimas semanas estivemos lendo un dos libros do Proxecto Bubisher, El niño de luz de plata, escrito en Farsía, por nenos e nenas do Taller de Lectura de Farsía en Smara, coordinados por Gonzalo Moure. É unha historia fermosísima, que fala da amistade dun neno saharahuí coa Lúa e cun neno moi especial. Gustounos moito!


Exposición oral: Daniela

Daniela falou sobre cans, os seus coidados e a alimentación. 

Moi ben, Daniela.

Exposición oral: Iván

Iván descubriunos a Atack 3000, un dos seus youtubers favoritos. 

Ben, Iván.

Exposición oral: Miguel

Miguel falounos sobre a carreira espacial e descubriunos cousas que descoñeciamos. 

Bo traballo, Miguel!

Exposición oral: Almudena

A nosa experta en pop coreano fíxo unha completísima exposición sobre o K-pop: grupos, discográficas, seguidores, temas... 

Moi ben!

sábado, 18 de decembro de 2021

Concerto de jazz

Este venres tivemos un concerto didáctico de jazz no colexio. Silvia Ferre, Miro Lamas e Alfredo Susavila leváronnos nun percorrido pola música jazz desde as súas orixes, pasando por diferentes etapas e estilos, adaptando cancións infantís e demostrándonos que o jazz pode gustarnos moito a grandes e a pequenos/as.  Encantounos! 
Ao rematar Alex e Icía, xunto con Anxo e Icia de 2º, fixéronlles unha entrevista para a Radio BBS. Estaremos atent@s a cando se publique o podcast, seguro que contaron cousas interesantes. 
Grazas á Escola de Música de Rianxo e ao Concello de Rianxo por traer música ao vivo ao noso cole.
Grazas, Silvia, Alfredo e Miro!  

Así de ben soou: 
 


Imos de concerto! E levamos o asento 😀
Xa estamos!