domingo, 30 de xaneiro de 2022

Para o Bubisher: "niños de luz de plata"

Estes son os debuxos e mensaxes que elaboramos tras a lectura do libro escrito no Taller de lectura de Farsía en Smara, coordinados por Gonzalo Moure: El niño de luz de plata,

Que é un refuxiado?

 

Aquí o temos! O noso 1º conto en Kamishibai! 

Parabéns, Quinto! Fermoso traballo colectivo, sodes uns artistazos e artistazas!

sábado, 29 de xaneiro de 2022

De plantación

Este xoves participamos na plantación de árbores autóctonas na subida a Ourille e visitamos fixemos con Emilio todo o percorrido do proxecto Máis ca Leña para ir collendo información e practicando para cando nos toque a nós ser os/as guías, que xa falta pouco. 

Entrade no blog da BBS para ver o resumo do que foi a mañá de plantación coa participación das diferentes clases.

Aquí estamos nós en acción! 😉 

Casulo de mantis relixiosa ou barbantesa
Grazas, Emilio!

mércores, 26 de xaneiro de 2022

Encontro con Adrián Dios

Onte estivo nosa clase, Adrián Dios, economista, profesor na Universidade de Santiago de Compostela e xogador e adestrador de baloncesto. Convidámolo a vir falarnos sobre economía, a explicarnos un montón de dubidas que tiñamos sobre ese tema.
Foi moi interesante! Estivemos máis de dúas horas falando con el  sobre cartos, bancos, o euro, a peseta, a inflación, hipotecas, o Banco Europeo, a pobreza, a riqueza, os paraísos fiscais...  Máis de dúas horas falando sobre economía! Quen nolo ía dicir!
Grazas, Adrián, por achegarte á nosa clase e ser quen de explicarnos cousas, que ata hoxe parecían moi complexas, de xeito tan cercano e interesante!
Para a próxima temos que xogar a baloncesto! 😀

martes, 25 de xaneiro de 2022

Obradoiro de nutrición

O venres pasado comezamos un obradoiro de nutrición, ofertado polo Concello de Rianxo e impartido polo nutricionista rianxeiro, Eloy Rial Figueira. Esta actividade desenvolverase ao longo deste trimestre, un venres ao mes. 
Eloy falounos dos alimentos que precisamos para a nosa dieta e dos que temos que consumir en menor medida, dos nutrientes e de hábitos de alimentación saudables. Levamos traballo para casa, actividades sobre alimentación que temos que facer coas familias, antes do mes que vén. Canto imos aprender!

venres, 21 de xaneiro de 2022

Microciencia

Esta semana descubrimos quen foi Robert Hooke e estivemos dándolle uso ao seu principal invento, o microscopio, para ver algúns seres inertes e vivos: microciencia na biblio 😉

Poemas para construír a Paz

Estamos lendo poesía, Poemas para construír a Paz, unha escolma de poemas realizada pola BBS para traballar nas aulas sobre a paz e a non violencia. Cada día un de nós le un poema que escolleu e preparou na casa. Lemos e comentamos, porque nós tamén podemos construír a paz.

venres, 14 de xaneiro de 2022

Atmosfera

Esta semana comezamos a traballar sobre o clima e o primeiro ten que ser, claro está, coñecer mellor a atmosfera.

Tomando medidas

Comezamos a traballar coa lonxitude e andamos a medir todo o que se nos poña diante, empezando por nós.😉

Wordle

Serás capaz de adiviñar a palabra en seis intentos? Proba!

martes, 11 de xaneiro de 2022

Viaxando!

Hoxe estivemos poñendo en común a información que procuramos nas casas sobre os lugares nos que temos ou tivemos familiares vivindo ou traballando, durante algún tempo. Tremenda mina de información temos! 😍
Claudia e Almudena trouxeron pasaportes e fotos, unha pequena mostra do moito que temos por descubrir.
Un bo comezo para poñernos a investigar e a darlle forma a todo o que nos poden contar e achegar desde as nosas familias. 😃