Amosando publicacións coa etiqueta aula de Música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aula de Música. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de decembro de 2021

Prosas do Nadal

Onte tivemos unha mañá especial, non puidemos celebralo todos xuntos como nos gustaría, pero era o último día do trimestre antes das vacacións de Nadal e había que celebralo. Non faltaron as prosas do Nadal, Alma, José Luis, Isabel e Aldara sorprendéronos entrando na clase con música e animándonos a cantalas. Adriana, moi previsora, tiña a pandeireta para unirse a eles. 
 
Bravo músicos! Grazas por manter viva a nosa tradición!
 
Vai ou non vai? VAI!