Amosando publicacións coa etiqueta Plástica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plástica. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de maio de 2023

Máis atrapasoños

Seguimos rematando os atrapasoños e algúns xa comezaron co seguinte proxecto con la en Plástica. 




sábado, 29 de abril de 2023

Estéticas

Na aula de Valores estamos traballando sobre as diferentes estéticas na vestimenta, nos gustos musicais, na maneira de entender o mundo... Coñecer é o primeiro paso para respectar. E niso estamos, coñecendo. O primeiro resultado é un mural que xa preside as escaleiras ao segundo andar. Han vir máis cousas...





sábado, 15 de abril de 2023

Atrapasoños

Neste trimestre imos traballar con la en Plástica, facendo diferentes proxectos. Comezamos creando os nosos atrapasoños e está a gustarnos moito. 













mércores, 22 de marzo de 2023

A cidade violeta

Este luns o escritor Anxo Fariña estivo no noso colexio realizando un obradoiro sobre igualdade de xénero. Empregou como base do obradoiro a ilustración e por iso compartiu con nós trucos para debuxar personaxes, técnicas de pintura con témperas visibles na escuridade con raios ultravioletas e boas recomendacións sobre vivir en igualdade cada día. 

Ao igual que na cidade violeta, aínda hai moitas desigualdades que descubrir e erradicar da nosa sociedade, non dubidemos en facelas visibles (con ou sen luz ultravioleta) e combatilas. 














martes, 14 de febreiro de 2023

Entroido!!!

Con algo na cabeza!

 E tempo de Entroido, de festa de disfraces, de filloas, de orellas, do Toribio... É tempo de pasalo ben!

Comezamos a semana cos mandados do Toribio, como non! E na clase estamos a tope prepararando os nosos disfraces para o venres de Entroido.


Non podemos dar máis pistas! 

venres, 3 de febreiro de 2023

Luz

Levamos semanas traballando e experimentando sobre a luz. Entre outras cousas construímos os nosos Kaleidoscopios, para experimentar coa reflexión da luz e cos obxectos opacos, translúcidos e transparentes. Tamén usamos as lupas para intentar queimar papel, de momento sen éxito, e comprobamos a refracción da luz ao pasar do aire ao auga. Moi interesante!