Amosando publicacións coa etiqueta celebracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta celebracións. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de febreiro de 2023

martes, 14 de febreiro de 2023

Entroido!!!

Con algo na cabeza!

 E tempo de Entroido, de festa de disfraces, de filloas, de orellas, do Toribio... É tempo de pasalo ben!

Comezamos a semana cos mandados do Toribio, como non! E na clase estamos a tope prepararando os nosos disfraces para o venres de Entroido.


Non podemos dar máis pistas! 

sábado, 29 de outubro de 2022

Arañas

 Unha vez protexidos/as contra todo mal polos nosos escritos, pasamos seguir paso a paso un texto instrutivo, para crear unhas "terroríficas" arañas títere. Quedaron impresionantes!!


 








Os escritos

 "Miña avoa facía unha bolsiña á man... e dentro colocaba un dente de allo e unha cruz de Caravaca... Pra ela iso era un escrito. Esa bolsiña colocábase por dentro da roupa,  a rentes da pel, sostida por un imperdible. A súa función era arreneghar as bruxas." Diego Rodríguez Lojo, exalumno do Brea Segade.

Onte recuperamos no cole unha vella tradición, os escritos, que eran un tipo de amuletos de protección para os nenos e nenas. Que mellor data que o Samáin, para coñecer e falar desta tradición! Onte versionamos os escritos dos nosos antepasados, escribindo contra que queriamos protexernos e levando as bolsiñas co allo e o papel á vista, para que ningún mal espíritu poidera con nós. 












 

Venres de Samaín

Onte celebramos o Samaín no cole, toda a mañá para aprender e gozar cunha das festas máis agardadas do ano. Así de terrorífico chegou Sexto ao cole. Por fin puidemos recuperar o tunel do terror, despois de dous cursos botándoo en falta. Viva o Samaín! 🎃🎉👽👹

sábado, 14 de maio de 2022

sábado, 30 de outubro de 2021

Venres de Samaín!!

E chegou o día de Samaín á escola!Día de disfraces, cancións, retos, manualidades e creación con Stop Motion. 

Mirade que terrorífico estaba Quinto!