mércores, 28 de setembro de 2022

Creacións con compás

En Plástica probamos a usar o compás para elaborar un deseño con sete circunferencias idénticas. E están saíndo creacións ben bonitas!







 

luns, 26 de setembro de 2022

Experimentando coa materia

Empezamos de novo cos experimentos en Naturais. Estamos a ver os cambios na materia, de momento con tres experimentos:

1. Limpar moedas vellas en sal e vinagre.






2. Ver o efecto do limón na oxidación dunha mazá.








3. Efectos do sol sobre o papel do xornal.


Vidrieiras

Inspirados polo cartel da Guadalupe deste ano, en Plástica comezamos a deseñar e elaborar vidrieiras. Están quedando ben bonitas! Xa están todas, e a clase xa ten un toque diferente. 😁











sábado, 10 de setembro de 2022

Autoxiros

Héctor recomendáranos o curso pasado varias actividades dun libro que collera na biblio, pero non tiveramos tempo a facelas xuntos. Decidimos comezar o curso con bo pé, poñéndonos ao día do que tiñamos pendente. Aquí tedes os nosos "autoxiros" en acción!! 

Grazas, Héctor, moi boa recomendación!


Táboas da BBS

Por fin! Despois de 2 cursos nos que non as poidemos utilizar por protocolo Covid, volven as táboas da BBS, que usaremos na biblioteca e no recuncho dos xogos. Beeeen! 🎉🎉

Este venres estivemos personalizándoas e decorándoas coa temática da BBS para este curso, que volve ser as viaxes. Quedaron chulísimas!!!












Hora de ler

Este venres recollemos na biblioteca a nosa caixa de lecturas para a Hora de Ler, que comezou xusto á volta do recreo. Temos un bo feixe de lecturas de diferentes xéneros e temáticas para escoller. 







xoves, 8 de setembro de 2022

Verán 2022

Hoxe falamos destes meses de verán e puxémonos ao día das nosas andanzas e aventuras, como ten que ser! Deixamos o fundamental recollido en forma de "palabras navegantes" na entrada da nosa clase.