Amosando publicacións coa etiqueta Bubisher. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bubisher. Amosar todas as publicacións

domingo, 30 de xaneiro de 2022

Para o Bubisher: "niños de luz de plata"

Estes son os debuxos e mensaxes que elaboramos tras a lectura do libro escrito no Taller de lectura de Farsía en Smara, coordinados por Gonzalo Moure: El niño de luz de plata,

martes, 21 de decembro de 2021

El niño de luz de plata

Nas últimas semanas estivemos lendo un dos libros do Proxecto Bubisher, El niño de luz de plata, escrito en Farsía, por nenos e nenas do Taller de Lectura de Farsía en Smara, coordinados por Gonzalo Moure. É unha historia fermosísima, que fala da amistade dun neno saharahuí coa Lúa e cun neno moi especial. Gustounos moito!


venres, 22 de outubro de 2021

Día das bibliotecas: Bubisher e merlos

Este venres celebramos no cole o Día das bibliotecas, que este ano cae en domingo. Descubrimos que existen bibliotecas "en movemento" e sobre todo falamos dos bibliobuses e bibliotecas nos campamentos dos refuxiados saharauís, o Bubisher. Tamén comezamos a falar do poeta rianxeiro Faustino Rei Romero, o poeta dos merlos. Busbishers e merlos foron os protagonistas do noso día das bibliotecas e serán os protagonistas da entrada do colexio.