Amosando publicacións coa etiqueta Concello de Rianxo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concello de Rianxo. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de maio de 2022

Concerto didáctico de jazz

Hoxe puidemos escoitar jazz na nosa escola da man de Alfredo Susavila, Carlos Bastón e Pachi Cruz. Foi un concerto didáctico, no que tocaron diferentes temas, pero tamén nos explicaron como e onde naceu a música jazz e como foi evolucionando, dando lugar a boa parte dos estilos musicais que hoxe escoitamos.
Faláronnos de grandes nomes do jazz como Duke Ellington ou Louise Armstrong, que teñen unha importancia fundamental na música moderna. 
Este concerto didáctico enmárcase nas actividades que se van facer en Rianxo como preparación e ambientación do festival Noites de Jazz, que terá lugar nos primeiros días de agosto. 
Imos aproveitar esta "iniciación ao jazz" que tivemos hoxe no cole para escoitar un pouco máis da música dalgúns dos grandes do jazz dos que nos falou Alfredo. Aquí van dous temas que hoxe soaron no noso cole interpretados por Louis Armstrong e Duke Ellington. 
Preparados para viaxar a Estados Unidos na primeira metade do século XX? Imos alá!
 
 

sábado, 9 de abril de 2022

Ciberseguridade

Onte rematamos o trimestre cunha charla sobre ciberseguridade. Carlos Ces, informático do Concello de Rianxo, falounos sobre os perigos que se agochan na rede, e o máis importante, como evitalos, para aproveitar todas as potencialidades que teñen internet, os videoxogos e os recursos informáticos. Foi unha charla moi interesante, na que resolvemos dúbidas e tomamos boa nota de trucos e xeitos de facer máis seguro o noso uso das redes. 

Grazas, Carlos!


 

martes, 25 de xaneiro de 2022

Obradoiro de nutrición

O venres pasado comezamos un obradoiro de nutrición, ofertado polo Concello de Rianxo e impartido polo nutricionista rianxeiro, Eloy Rial Figueira. Esta actividade desenvolverase ao longo deste trimestre, un venres ao mes. 
Eloy falounos dos alimentos que precisamos para a nosa dieta e dos que temos que consumir en menor medida, dos nutrientes e de hábitos de alimentación saudables. Levamos traballo para casa, actividades sobre alimentación que temos que facer coas familias, antes do mes que vén. Canto imos aprender!