Amosando publicacións coa etiqueta Fousas ao Monte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fousas ao Monte. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de maio de 2023

2ª visita do CRA

Este mércores recibimos a visita a Máis ca leña das escolas do Cruceiro e Cubide do CRA de Rianxo. Os nosos veciños e veciñas de Infantil tiñan moitas ganas de achegarse ao Brea e a Campo Maneiro e nós moitas ganas de recibilos. Estiveron moi atentos/as, fixeron preguntas e ata nos cantaron unha canción co poema do burro de Manuel María. Así dá gusto!

Grazas, profes, nenos e nenas de Cubide e do Cruceiro. 

Encantounos que viñérades coñecer Máis ca leña con nós.











xoves, 4 de maio de 2023

Visita do CRA

Este mércores recibimos unha nova visita a Máis ca leña. Viñeron os nenos e nenas das escolas de Outeiro e Capela do CRA de Rianxo. Gustounos moito recibilos e acompañalos a coñecer os usos do monte que propón o proxecto Máis ca leña. Había nervios, pero en canto vimos o feitos/as que eran xa todo foi ben. E como sempre, as cabras e os burros foron as estrelas da visita 😎
Grazas por vir visitar Máis ca leña con nós!


luns, 27 de marzo de 2023

As familias visitan Máis ca leña

Por fin! Despois de varios intentos que non puidemos realizar pola chuvia, hoxe as familias que tiñan libre pola mañá, achegáronse ao cole e visitaron con nós a área de Máis ca leña. 

Grazas por vir! 
Tiñamos moitas ganas de compartir este proxecto con vós. 

mércores, 15 de marzo de 2023

De plantación en Filgueiras

Hoxe estivemos plantando castiñeiros e freixos en Filgueiras. Volvemos a colaborar coa Comunidade de Montes o Fieitoso de Taragoña e con Fousas ao Monte para continuar enchendo o noso monte de árbores autóctonas. Acompañáronnos Emilio, Nati e Miguel e baixaron tamén a Paquita, que levou unha chea de aloumiños 😍.

Grazas, Comunidade de Montes e Fousas, polo voso traballo e por compartilo con nós!