Este mércores recibimos a visita a Máis ca leña das escolas do Cruceiro e Cubide do CRA de Rianxo. Os nosos veciños e veciñas de Infantil tiñan moitas ganas de achegarse ao Brea e a Campo Maneiro e nós moitas ganas de recibilos. Estiveron moi atentos/as, fixeron preguntas e ata nos cantaron unha canción co poema do burro de Manuel María. Así dá gusto!
Grazas, profes, nenos e nenas de Cubide e do Cruceiro.
Encantounos que viñérades coñecer Máis ca leña con nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario