Amosando publicacións coa etiqueta Digicraft. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Digicraft. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de febreiro de 2023

Digicraft: camiño ao tesouro

Hoxe tivemos outra sesión de traballo con Digicraft. Desta vez había que superar tres retos para chegar ao planeta no que se agochaba un cofre cun tesouro. Os retos só podían resolverse seguindo as pistas de 3 diagramas de fluxo, que reproducen o sistema empregado na programación das intelixencias artificiais. Unha vez collido o truco aos diagramas de fluxo... imparables! Todas as parellas chegaron ao tesouro. 




E o tesouro era... unha partida en grupo ao Gartic Phone: debuxar, interpretar, escribir, volver debuxar e ver os resultados. Foron risas! E dúas partidas, claro!








venres, 27 de xaneiro de 2023

Digicraft: "recetas extravagantes"

Seguimos a voltas cos algoritmos, pero desta vez a proposta era ordenar os pasos de elaboración dunha receita extravagante, completala e subila a unha páxina da Asociación de comidas extravagantes. Seguimos publicando receitas, en canto as teñamos todas compartimos a páxina. Veredes que creatividade culinaria hai en Sexto. 😂😂




luns, 23 de xaneiro de 2023

A profe Carla

Hoxe Carla fixo uso da súa tarxeta-premio Digicraft e exerceu de profe na última sesión da mañá. Deu clase de Matemáticas e sorprendeu a todos/as cun exame sorpresa. Éche ben dura esta profe Carla! 😉 Aínda que ao final da clase repartiu  adhesivos para todos/as e compensou o susto do exame 😂


Bravo, profe Carla!

domingo, 22 de xaneiro de 2023

Digicraft: algoritmos

Este curso as actividades de Digicraft tratan sobre programación e pensamento computacional. Comezamos "programando" aos nosos compañeiros/as para chegar a un punto na aula. Os programadores/as deseñaron o algoritmo, os interpretes/as fixérono nas costas dos compañeiros/as que cos ollos tapados realizaron o traxecto. Foi divertido! Despois descubrimos Compute it, e seguimos traballando con algoritmos de computación, desta vez nos ordenadores. 







martes, 21 de xuño de 2022

Carla e Irene: educadoras

Hoxe Carla Fungueiriño e Irene fixeron uso das súas cartas de Diodi, as que escolleron despois de superar un dos retos Digicraft. Foron as nosas educadoras durante un tempo e estiveron xenial!

 
 
Carla propúxonos unha actividade de Plástica, facer un debuxo dun compañeiro/a.
Irene falounos sobre as fobias e abriu un debate sobre as fobias que coñeciamos e os medos que tiñamos.
Bravo, Carla e Irene, sodes unhas educadoras estupendas! 
As mellores!

domingo, 12 de xuño de 2022

Digicraft: a nave dos soños

Este venres adentrámonos nunha nova aventura Digicraft. Desta vez viaxamos ao 2060 para eliminar un virus que puña en perigro a misión máis importante da humanidad: a primeira viaxe interestelar. Mensaxes en clave, retos que superar en equipo, comprobar as ahabilidades como robots... E virus eliminado!! Sodes uns cracks!

luns, 21 de febreiro de 2022

O vale de Adriana

Adriana usou o seu vale Digicraft! E disfrazouse, ao completo, non só a cabeza.
Bravo, Adriana!