mércores, 29 de marzo de 2023

luns, 27 de marzo de 2023

As familias visitan Máis ca leña

Por fin! Despois de varios intentos que non puidemos realizar pola chuvia, hoxe as familias que tiñan libre pola mañá, achegáronse ao cole e visitaron con nós a área de Máis ca leña. 

Grazas por vir! 
Tiñamos moitas ganas de compartir este proxecto con vós. 

sábado, 25 de marzo de 2023

Saída a Santiago: cubertas da catedral

Era unha dos momentos máis agardados do día: subir ás cubertas da catedral. Non as tiñamos todas con nós, pero Luz asegurounos que iamos subir. E subimos... Nese momento chovía e ventaba coma nunca, así que a visita foi visto e non visto, pero alí estivemos. Marchamos antes de saír voando, pero comprobamos que a catedral non está cuberta de tellas 😅 e que a visita nun día con bo tempo ten que ser impresionante. Repetiremos!





Saída a Santiago: catedral

Se chove, deixa chover!


Pois si, ao saír dos museos seguía chovendo e ventando, o día non nos deu tregua. Imprescindible protexerse da chuvia e comer a cuberto, en Área Central. Aínda así botamos unhas risas, xogamos...

E xa pola tarde... Visitamos o Pazo de Xelmirez, o Museo da Catedral e a catedral. Acompañounos Luz, que nos foi explicando a historia, a arte, os ritos e tradicións das marabillas que tiñamos ante nós. 
 




Na tribuna

Na Porta Santa

No Pazo de Xelmirez

Saída a Santiago: Museo do Pobo Galego

No Museo do Pobo Galego houbo que buscar información nas diferentes salas para completar un cuestionario sobre os fondos expostos. Desta vez non tivemos guía, fomos nós os que descubrimos o museo. Canto por descubrir no Museo do Pobo Galego!!














Anda! Mira o que atopei!


Como nos gustou a escaleira helicoidal
 de Domingo de Andrade (1639 – 1712)!



Proba superada!
Superamos o Museo en test e a subida pola escaleira de Bonaval.