domingo, 31 de outubro de 2021

Vampiros en acción!

Aquí están! 

Estas son as primeiras achegas á técnica de Stop Motion. Se creades historias tan boas en media mañá, que non faredes con máis tempo? 

Bravo, rapaces e rapazas de 5º! 👌👏

Feliz Samaín!! 

sábado, 30 de outubro de 2021

Vampiros

Creamos vampiros e historias de vampiros coa técnica de animación, Stop Motion.

Venres de Samaín!!

E chegou o día de Samaín á escola!Día de disfraces, cancións, retos, manualidades e creación con Stop Motion. 

Mirade que terrorífico estaba Quinto!

Emitindo no recreo

Novas locutoras e técnico na Radio BBS, continúan os directos do recreo, seguimos descubrindo "estrelas radiofónicas"😍

Flotan?

O xoves pasado estivemos experimentando coa flotación dos corpos e descubrindo como a relación entre a densidade dos líquidos e dos sólidos inflúen na capacidade de flotar.

mércores, 27 de outubro de 2021

Quiz Samaín

Aquí tedes un quiz sobre o Samaín para desmostrar o moito que sabedes sobre esta terrorífica celebración. É un xogo de preguntas de Charo Vázquez Freire para Aulas Galegas. Atréveste?

venres, 22 de outubro de 2021

Día das bibliotecas: Bubisher e merlos

Este venres celebramos no cole o Día das bibliotecas, que este ano cae en domingo. Descubrimos que existen bibliotecas "en movemento" e sobre todo falamos dos bibliobuses e bibliotecas nos campamentos dos refuxiados saharauís, o Bubisher. Tamén comezamos a falar do poeta rianxeiro Faustino Rei Romero, o poeta dos merlos. Busbishers e merlos foron os protagonistas do noso día das bibliotecas e serán os protagonistas da entrada do colexio.