![]() |
| Van Gogh |
![]() |
| Paul Gaugin |
![]() |
| Joan Miró |
![]() |
| Van Gogh |
![]() |
| Paul Gaugin |
![]() |
| Joan Miró |
Ao longo da semana estivemos a preparar os nosos agasallos para os afillados e afilladas lector@s: contos e postais. O venres tivemos a nosa primeira experiencia como padriños e madriñas lectores, despois de 3 cursos sen poder celebrar a actividade. Sexto tomou moi en serio o seu papel, mirade que postais tan elaboradas.
No blog da BBS xa podedes ver reportaxe gráfica da celebración do Día do Libro na nosa biblioteca.
Que gocedes moito dela, Carla!
Aquí están as tres expertas contadoras que esta semana nos deleitaron nos Contacontos do Recreo da BBS. Bravo!
O 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración. Neste ano a homenaxeada é Mª Victoria Dans. A BBS elaborou dúas actividades para que coñeceramos mellor a súa vida e a súa obra. Ademais cada clase recibiu un "anaco" dunha das súas obras para que colorearamos e entre todos reinterpretemos. No noso anaco había dúas caras e o resto... Nin idea! Pero nós coloramos igual e quedou moi ben. A ver como queda e que é cando xuntemos todos os anacos.
Hoxe saíron de novo as Mochilas Viaxeiras, a de Sexto marchou para o Araño, para a casa de Daniela. Tes dúas semanas para gozar dela, Daniela, aprovéitaa ben! 😍
A casa de Irene é o segundo destino da Mochila Viaxeira de 6º. De seguro que nesta finde longa has quitar bo partido de todo o que vai na Mochila. Xa nos contarás, Irene. 😀
Hoxe contamos A Figueira de Pelostortos nos contacontos do recreo na BBS. Foi o primeiro contacontos deste curso e como case estamos no Samaín tocaba contar un conto de ánimas e de paso botarnos tod@s unhas risas. Saiu moi ben!
![]() |
| Sodes uns cracks! |
Entrada no blog da biblio sobre Pelostortos.