Amosando publicacións coa etiqueta Rianxo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rianxo. Amosar todas as publicacións

sábado, 24 de xuño de 2023

Cousas

Entre as sorpresas que fomos argallando para os últimos días de curso, o Concello de Rianxo agasallou aos grupos de 5º e 6º cun exemplar de Cousas de Castelao, unha boa lectura para o verán, un imprescindible como rianxeiros e rianxeiras e un bo recordo do paso polo Brea Segade.

Grazas, Concello de Rianxo!



venres, 23 de xuño de 2023

O club de remo de Rianxo

Un grupo de rapaces/zas do club de remo de Rianxo estiveron con nós o luns pasado falándonos do seu deporte e animándonos a probar a remar este verán. Unha boa opción para gozar do mar e das vacacións, e quen sabe, igual hai hai quen lle colle gusto e continúe, come lles pasou aos rapaces que nos falaron.  Grazas ao Club de remo de Rianxo!




martes, 13 de xuño de 2023

Convivencia dos Sextos

Hoxe á mañá participamos nunha xornada de xogos cos Sextos do CEIP Ana Mª Diéguez de Asados e o CEIP A.D.R. Castelao de Rianxo. Seremos compañeiros/as o curso que vén no instituto e hoxe puidemos empezar a coñecernos un pouco xogando xunt@s na praia da Torre. 


Menuda tropa!

luns, 29 de maio de 2023

Piragüismo

A semana pasada puxemos en práctica as nosas habilidades como piragüistas e descubrimos que temos potencial 😃. Estiveron con nós dous membros do Club de Piragüismo de Rianxo e pasámolo moi ben.

Grazas Club de Piragüismo de Rianxo!










domingo, 21 de maio de 2023

Carreira de orientación

O xoves pasado iniciámonos nas carreiras de orientación, realizando unha proba no patio. Houbo que pensar, orientarse e despois... correr. Estivo moi ben.


domingo, 7 de maio de 2023

Piscina

O venres pasado comezamos as actividades na piscina en Educación Física. Que ben o pasamos! E aínda quedan 3 venres máis! 😃










mércores, 19 de abril de 2023

Con José Vicente Somoza



Onte veu visitarnos José Vicente Somoza, o bisavó de Carla Rial. El foi quen atopou o Casco de Leiro e levabamos tempo querendo que nos contase de primeira man como foi atopar un dos achados máis importantes da Idade de Bronce. Carla xa nos dixera que daba gusto escoitalo e tiña toda a razón.  Contounos moitas cousas que non sabiamos e outras sobre as que xa leramos, pero que, contadas por el, resultaron aínda máis interesantes e nos quedaron máis claras. Grazas a el o Casco de Leiro forma parte do noso patrimonio e todos/as podemos coñecelo. 

Grazas, José, por vir falar con nós. 
Grazas a Sandra e a Manuel, por acompañalo. 




martes, 27 de decembro de 2022

domingo, 26 de xuño de 2022

Orghullo Rianxo 2022

Estes son os carteis elaborados por: Adriana, Alejandro, Claudia, Carla Fungueiriño, Carla Rial, Héctor, Icía e Irene para conmemorar o Día do Orghullo, que se celebra o 28 de xuño. Podedes ver todos os carteis que participaron no concurso que organizou o Concello, no Auditorio de Rianxo. 
 
Parabéns a tod@s! 
Polos carteis e polos valores que transmiten todos eles.

xoves, 2 de xuño de 2022

Encontro co Barbanza Rugby Club

O mércores na clase de Educación Física tivemos un encontro con membros do Club de Rugby Barbanza. Comezamos vendo un vídeo na clase, para a coñecer como empezou e en que consiste o rugbi e despois fomos ao pavillón e tivemos unha sesión de inciación con: pases, desprazamentos, formas de caer sen mancarnos... Foi divertido!

Grazas ao Barbanza Rugbi Club por achegarvos ao cole para ensinarnos en que consiste o rugbi!